A Universidade de Texas (EUA) e a Unesco fixeron posible que o guaraní sexa unha das linguas de instrución dun curso en liña dirixido a xornalistas latinoamericanos sobre desinformación e verificación de datos.
Fonte: IP
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Universidade de Texas (EUA) e a Unesco fixeron posible que o guaraní sexa unha das linguas de instrución dun curso en liña dirixido a xornalistas latinoamericanos sobre desinformación e verificación de datos.
Fonte: IP
O premio Jesús Tuson, que convoca a Universidade de Barcelona, a Rede Vives de Universidades e Òmnium Cultural, recoñece os traballos, de docentes ou do alumnado, que tratan sobre a diversidade lingüística, xa sexan teses, artigos, libros ou capítulos de libro, entre outros formatos académicos.
Fonte: La Vanguardia
Once persoas, procedentes de Arxentina, Chile e Uruguai, realizarán unha estancia de dous meses no barnetegi Maizpide de Lazkao para mellorar o seu nivel de éuscaro e logo poder impartir clases desta lingua nas súas cidades de orixe.
Fonte: Gobierno Vasco
A Universidade de Vigo acaba de publicar catro guías prácticas, que distribuirá entre os institutos das provincias de Pontevedra e Ourense, ao abeiro da iniciativa En Galego! Investigación e divulgación científica.
Fonte: Universidade de Vigo
A Dirección Insular de Política Lingüística creou Mallorcat, unha ferramenta web para a autoaprendizaxe do catalán de nivel inicial, pero que tamén serve de recurso didáctico para docentes.
Fonte: La Vanguardia
Un total de 418 estudantes conseguiron en 2020 o Premio da Lingua Scots (SCQF) en comparación cos 100 estudantes do ano anterior. Estas cifras mostran un incremento no interese por aprender e estudar esta lingua.
Fonte: The Scotsman
O Tribunal Constitucional de Moldova anulou unha lei sobre o uso das linguas e sentenciou que o idioma ruso deixará de ter o status de lingua de trato internacional.
Fonte: Sputnik
O Deportivo Alavés cumpre cen anos e para conmemoralo conta cun novo himno, en castelán, composto e interpretado por Mikel Izal, e cunha versión en éuscaro, adaptada por Miren Agur Meabe.
Fonte: Gasteiz Hoy
A colección de suplementos temáticos para correctores da USC incorpora un novo dicionario personalizado relativo ao ámbito das Ciencias da Saúde que ten como obxectivo facilitar o uso do galego escrito na comunicación académica e científica de diversas disciplinas.
Segundo a Mesa pola Normalización Lingüística, o emprego do galego nos xulgados do social de Galicia é inferior ao 1 %, o que para esta plataforma supón unha vulneración dos dereitos lingüísticos.
Fonte: Galicia Confidencial
Subscríbase ao boletín