Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de xaneiro de 2021

    Ao longo de todo o mes desenvolveranse en Ermua unha ampla variedade de actuacións e actividades en éuscaro, como un concerto, unha exposición ou varios clubs de lectura.  

    Fonte: Deia

    19 de xaneiro de 2021

    O Concello de Vigo organiza dous cursos en liña de iniciación á lingua galega, un de nivel cero e outro de nivel 1, que se desenvolverán durante os meses de febreiro e marzo de 2021.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    19 de xaneiro de 2021

    Todos os sitios web teñen a obriga de proporcionar información sobre a privacidade, unha información que ata agora non se podía ofrecer en éuscaro. Ante esta situación, Euskal Irrati Telebista traduciu os textos relacionados coa privacidade a esta lingua, que poderán usar todas as empresas que o desexen.  

    Fonte: El Siglo

    19 de xaneiro de 2021

    bUSCatermos, a base de datos terminolóxica da Universidade de Santiago, recibiu a visita de 9375 usuarios ao longo de 2020, que consultaron un total de 168 017 páxinas, o que supón un aumento do 24,74 %  con respecto a 2019.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    19 de xaneiro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no salón de actos do Pazo de San Roque na presentación do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade que conta co apoio da Xunta de Galicia.

    19 de xaneiro de 2021

    O DOG do 15 de xaneiro publica dúas convocatorias de axudas para proxectos de fomento do uso do galego dirixidas ao ámbito do ensino non universitario, unha destinada a centros públicos e outra a centros privados.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    18 de xaneiro de 2021

    A canle de radio irlandesa 2fm ofrecerá un espazo radiofónico que ten como obxectivo potenciar o uso correcto e a aprendizaxe do gaélico irlandés entre a xente nova que o estuda na escola.

    Fonte: RTÉ

     

    18 de xaneiro de 2021

    Unha petición pública presentada no Parlamento de Luxemburgo quere que a lingua luxemburguesa se converta en requisito para acceder a servizos públicos en diferentes sectores.

    Fonte: Contacto

    18 de xaneiro de 2021

    A obra Lleis polítiques de Catalunya. Comentaris, da editorial Marcial Pons, inclúe as principais leis políticas catalás, acompañadas de cadanseu comentario. Na terceira parte deste volume analízanse catro leis que regulan os dereitos e os deberes lingüísticos.  

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    18 de xaneiro de 2021

    A Mesa pola Normalización Lingüística anunciou que se amplía ata o 2 de abril a recollida de sinaturas para a proposición non de lei de iniciativa popular para instar a Xunta a incrementar a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle Xabarín.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder