Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de outubro de 2020

    Segundo a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana, a radiotelevisión pública non dedicou nada do seu orzamento á produción de contidos en asturiano desde que comezou a lexislatura. Así mesmo, calcula para 2021 só un 0,85 % de porcentaxe de emisión nesta lingua.

    Fonte: Asturies.com

    14 de outubro de 2020

    O Secretariado Permanente do Fórum para a Cooperación Económica e Comercial entre a China e os Países de Lingua Portuguesa anunciou que a cidade de Macau organizará, tanto de xeito presencial como virtual, a Semana Cultural da China e dos Países de Lingua Portuguesa. O evento contará con 40 producións culturais de 11 países.

    Fonte: Visão

    14 de outubro de 2020

    A Deputación aprobou as bases de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro e aos concellos para levar a cabo durante o ano 2020 actividades de dinamización do galego. En total destinaranse 250 000 euros a dúas liñas de axudas que teñen como obxectivo fomentar o uso deste idioma no ámbito socioeconómico, así como noutros sectores de moita repercusión social, e realizar actividades de fomento desta lingua.

    14 de outubro de 2020

    Máis de cen traballadoras e traballadores da Deputación de Biscaia van participar no  novo programa interno para practicar éuscaro. Farano en sesións telemáticas nas que, por parellas, as persoas participantes deberán manter conversas de arredor de 30 minutos á semana.  

    Fonte: Deia

    14 de outubro de 2020

    O Terra Gollut Film Festival, que se celebra entre o 9 e o 31 de outubro, terá dous formatos, con sesións en liña e presenciais. Por primeira vez no certame, exhibiranse filmes en versión orixinal subtitulados en catalán, un total de oito, grazas á colaboración da Dirección Xeral de Política Lingüística.  

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    14 de outubro de 2020

    Un estudo realizado polo Camões e o Instituto Cervantes revela que o portugués e o español están entre as tres linguas do mundo que rexistran un maior incremento no número de falantes.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    13 de outubro de 2020

    A Universidade de Tartu e a Universidade Técnica de Talín recortarán paulatinamente nos próximos anos as prazas impartidas en inglés para estudantes que non falen estoniano.

    Fonte: ERR

    13 de outubro de 2020

    Cun investimento superior aos 200 000 euros, a Xunta de  Galicia renovou a súa colaboración con universidades de distintas partes do mundo (tanto do resto de España como de países como Alemaña, Austria ou Portugal) co obxectivo de divulgar a lingua, a literatura e a cultura galegas no ámbito académico.

    13 de outubro de 2020

    Ata o 5 de novembro a poboación de Granollers poderá participar nun concurso que pretende fomentar, ao mesmo tempo, o comercio de barrio e o uso do catalán, así como dar a coñecer vocabulario específico de diferentes tipos de tendas.

    13 de outubro de 2020

    O acordo de colaboración asinado entre RTVE e o Instituto Cervantes ten como obxectivo promover e difundir a lingua e a cultura españolas a través dun incremento da información no ente público sobre este idioma.

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder