O BabeliUM ou Centro de Linguas da Universidade do Miño ofrece este semestre doce cursos de diferentes linguas nas modalidades de ensino en liña e ensino mixto. Entre as linguas ofértase o galego.
Fonte: Bragatv
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O BabeliUM ou Centro de Linguas da Universidade do Miño ofrece este semestre doce cursos de diferentes linguas nas modalidades de ensino en liña e ensino mixto. Entre as linguas ofértase o galego.
Fonte: Bragatv
O Goberno vasco ten como obxectivo que a base de datos do seu sistema de saúde inclúa a preferencia lingüística da maioría da poboación para ser atendida en éuscaro ou en castelán. Ata agora 285 500 persoas xa rexistraron a súa demanda de servizos en éuscaro.
Fonte: El Independiente
Este novo galardón, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Editorial Galaxia, é promover a escrita literaria en galego, divulgar o legado de Manuel García Barros e fomentar a lectura entre o alumnado de educación infantil.
Fonte: Faro de Vigo
A Deputación de Pontevedra aprobou a concesión de 27 subvencións a entidades culturais sen ánimo de lucro dunha ducia de concellos da provincia para a difusión e a normalización do galego cunha partida inicial de 150 000 euros.
Fonte: Deputación de Pontevedra
A partir do 11 de xaneiro continúan os obradoiros intensivos “Euskaraz solas eta jolas” para a práctica oral do éuscaro nos centros escolares de primaria dos modelos A e D, nos que participarán 48 grupos de 22 centros públicos e concertados, cun total de 1024 alumnos e alumnas.
O Instituto Aragonés da Muller vai publicar unha guía de recursos en cinco idiomas (inglés, francés, búlgaro, romanés e árabe) e en braille co obxectivo de facilitar o acceso aos servizos deste organismo e chegar ao maior número posible de usuarias.
Fonte: 20minutos
A Universidade de Santiago convocou os XVII Premios á calidade lingüística en galego que teñen como obxectivo fomentar o uso da lingua galega ligada á calidade formal na elaboración e defensa dos traballos académicos do alumnado.
Diccionario de aragonesismos de la lengua española é unha publicación que ten como obxectivo dar a coñecer máis de 750 palabras ou usos lingüísticos aragoneses. Nela omítense as marcas xeográficas que constan no dicionario académico, pois todas as voces son aragonesas.
Euronews asinou un acordo coa Universidade Politécnica de Bucareste para lanzar Euronews Romania, unha nova canle informativa destinada ao público falante de romanés.
Fonte: Télé Satellite
Malia que México é o país do mundo con maior número de falantes de español, este non é o idioma oficial, porque na Constitución non se considera como tal. Porén, no artigo 2 sinálase que tanto este como as linguas indíxenas son idiomas nacionais.
Fonte: La Jornada Maya
Subscríbase ao boletín