Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de xaneiro de 2021

    Ao longo do ano 2020 dobráronse ou subtituláronse en catalán máis de 1600 contidos co apoio da Generalitat de Cataluña. Por poñer algún exemplo, colaborou con 33 distribuidoras que estrearon 93 películas nesta lingua; así mesmo, apoiou contidos distribuídos en plataformas en liña e en formatos físicos (DVD e Blu-ray).

    07 de xaneiro de 2021

    Os concellos de La Puebla de Arganzón e de Condado de Treviño aprobaron o Plan estratéxico do éuscaro, un documento co que pretenden impulsar esta lingua no enclave a través de cinco eixes: uso social, novos falantes, educación, administración e xestión.

    07 de xaneiro de 2021

    O proxecto de reactivación lingüística do amazigh ten como obxectivo convertelo en lingua de traballo do Parlamento marroquí e susténtase na lei orgánica relativa a este idioma.

    Fonte: Bladi

    07 de xaneiro de 2021

    Un dos requisitos que deben cumprir as persoas que chegan a Alemaña, ben como refuxiadas ou ben como inmigrantes, é aprender a lingua. No caso dos traballadores, as propias empresas encárganse de subvencionar os cursos de alemán necesarios; no caso dos menores de idade, esta aprendizaxe convértese en prioritaria para a escolarización.

    07 de xaneiro de 2021

    O Consello da Cultura Galega presenta unha nova edición dos tres textos que contén o Tombo das viñas de Ribadavia, que inclúe unha análise paleográfica, diplomática, lingüística e histórica destes; un estudo onomástico de nomes de persoa e topónimos; un glosario léxico e os índices de persoas e lugares citados.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    07 de xaneiro de 2021

    A Xunta de Galicia publicou a resolución da convocatoria de axudas para o ano 2020 destinadas a empresas que realizan publicacións periódicas escritas integramente en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    05 de xaneiro de 2021

    A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo editou o seu calendario de 2021 centrado no alumnado galegofalante. O obxectivo é fomentar o uso do galego nos tres campus que integran a universidade.

    Fonte: Nós Diario

    05 de xaneiro de 2021

    O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou xunto a diversas autoridades na tradicional ofrenda floral a Ramón María del Valle-Inclán que se realizou no Cemiterio de Boisaca con motivo do 85 aniversario do pasamento do escritor.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    05 de xaneiro de 2021

    O Instituto Nacional dos Pobos Indíxenas (INPI) de México iniciou os trámites para constituír oficialmente a Universidade das Linguas Indíxenas de México (ULIM, polas súas siglas en español).

    Fonte: La Jornada

    05 de xaneiro de 2021

    O Centro de Terminoloxía Asturiana (TermAst) da Academia da Lingua Asturiana publicou unha nova proposta terminolóxica. Trátase do manual Terminoloxía de Botánica, de Bertu Ordiales.

    Fonte: 20 minutos

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder