A secretaria de Finanzas do Goberno de Escocia, Kate Forbes, declarou que o gaélico escocés está en risco extremo de desaparición e que conviría crear zonas residenciais monolingües en gaélico para salvar a lingua.
Fonte: Irish Central
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A secretaria de Finanzas do Goberno de Escocia, Kate Forbes, declarou que o gaélico escocés está en risco extremo de desaparición e que conviría crear zonas residenciais monolingües en gaélico para salvar a lingua.
Fonte: Irish Central
A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) desenvolveu ao longo do ano 2020 un importante labor na visibilización e extensión do uso da lingua galega que se materializa en máis de 400 accións de promoción do uso social do idioma desenvoltas nas súas entidades, cun importante investimento que ascendeu a máis de 900.000 €, gran parte deles xestionados desde o Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 impulsado pola Xunta de Galicia para apoiar o sector cultural no contexto da pandemia.
Un informe elaborado no País de Gales revelou que a crise provocada pola covid-19 está pondo en risco a supervivencia de asociacións ou grupos que loitan pola protección e promoción da lingua galesa. O estudo tamén evidencia a necesidade de aprobar medidas para apoiar estes grupos.
Fonte: Nation Cymru
Un arqueólogo francés da Universidade de Teherán conseguiu descifrar o significado da escrita do elamita, lingua antiga que se falaba en Irán hai 4000 anos.
Fonte: Euro Weekly News
Mediante o convenio asinado entre a Generalitat e o Consello dos Ilustres Colexios de Avogados de Cataluña (CICAC) preténdese fomentar o uso do catalán na xustiza gratuíta e garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía que precise atención nun proceso xudicial.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O proxecto, denominado 'A cultura faise oír', ten como obxectivo difundir a cultura en lingua galega a través de internet debido á crise da covid-19. A Deputación apoiará a Asociación Socio-Pedagóxica Galega mediante unha subvención para desenvolver diferentes iniciativas de dinamización lingüística e cultural.
En 2021 celebraranse os actos aprazados pola pandemia da covid-19 do 25 aniversario da iniciativa Ponte nas Ondas!, que ademais será a candidatura conxunta de España e Portugal para a súa inclusión no Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda da Unesco.
Fonte: Praza Pública
Co obxectivo de impulsar o uso das linguas oficiais autonómicas dentro da Administración Xeral do Estado (AGE), os ministerios contarán con unidades nas que se designará unha persoa como interlocutora coa Oficina de Linguas.
Fonte: El Diario
A República de Vanuatu, un país localizado no Océano Pacífico, aprobará unha lexislación que garanta a preservación da súa importante diversidade lingüística. O país insular conta con 138 linguas para unha poboación de 300 000 persoas.
Fonte: RNZ
A Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos comunicou á Mesa pola Normalización Lingüística a súa intención de abrir unha investigación sobre unha suposta vulneración dos dereitos lingüísticos por parte da entidade pública Enaire de dúas traballadoras por se expresaren en galego.
Fonte: Nós Diario
Subscríbase ao boletín