A páxina web Xaldun Kortin inclúe cancións, contos, xogos e expresións en éuscaro da tradición oral de Navarra. Está especialmente dirixida a nenas e nenos de ata seis anos, así como ás súas familias e ao profesorado.
Fonte: Gobierno de Navarra
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A páxina web Xaldun Kortin inclúe cancións, contos, xogos e expresións en éuscaro da tradición oral de Navarra. Está especialmente dirixida a nenas e nenos de ata seis anos, así como ás súas familias e ao profesorado.
Fonte: Gobierno de Navarra
O programa Musigal 2021 ten como obxectivo contribuír á difusión e á promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia de Pontevedra.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade de Santiago presentou un total de 19 guías da colección Esenciais que resumen de maneira didáctica conceptos básicos de diversas materias ou partes de materias de grao. Estes volumes fan posible mellorar a comunicación lingüística en galego no eido científico na universidade, así como transmitir información veraz e crear materiais válidos para o ensino secundario.
Nós foi proclamada Palabra do Ano 2020 polas persoas que participaron na elección promovida polo Portal das Palabras. Trátase dunha voz que salienta a celebración en 2020 do centenario da xeración Nós, así como a importancia que ten para saírmos da crise global provocada polo SARS-CoV-2 a primeira persoa do plural máis absoluta.
A urbe neozelandesa de Auckland inaugurou a sinalización bilingüe inglés-maorí nun parque da cidade. A iniciativa forma parte dun programa para normalizar o uso da toponimia na lingua vernácula.
Fonte: RNZ
O Parlamento Europeo aprobou por maioría unha resolución para apoiar a iniciativa cidadá europea Minority Safepack que demandaba maior protección para as culturas e linguas minorizadas no seo da Unión Europea. O Parlamento declarou ademais que as minorías lingüísticas están sufrindo procesos de asimilación o que leva á perda das súas linguas e a un empobrecemento cultural.
Fonte: European Parliament
A Real Academia Española (RAE) e Telefónica continúan coa súa colaboración en intelixencia artificial ao abeiro de LEIA, un proxecto que ten como obxectivo principal impulsar un maior e mellor uso do español no mundo dixital, para o cal puxeron marcha dúas iniciativas: creación de retos lingüísticos e fomento da investigación na universidade.
O certame Galetiktokers, convocado polo Concello de Ames para estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas e darlle visibilidade á comunidade galega de tiktokers, xa ten gañadores.
Fonte: Concello de Ames
A Asociación de Farmacéuticos Euscaldúns (Feuse), da que forman parte farmacias de Navarra e Euskadi, celebra o seu 25 aniversario facendo balance do seu traballo a prol do uso do éuscaro neste tipo de establecementos, período no que destacan un dicionario castelán-éuscaro específico, premios ou unha revista dixital, entre outras actividades.
O Pleno da Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas de 2021 a Xela Arias, unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea, unha poesía singular, transgresora, sincera e comprometida, ademais salientar o seu importante labor como editora e tradutora.
Subscríbase ao boletín