Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de decembro de 2020

    Segundo a plataforma de aprendizaxe de linguas Duolingo, o galés é a lingua do Reino Unido que rexistrou unha maior subida no número de usuarios ao longo do ano 2020.

    Fonte: Wales Online

    21 de decembro de 2020

    Despois de cinco anos do incendio que o destruíu parcialmente, o Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo estase preparando para reabrir as súas portas ao público en 2021.

    Fonte: Jovem Pan

    21 de decembro de 2020

    O novo catálogo de produtos en éuscaro está pensado para nenos/as e  mozos/as de 0 a 16 anos e inclúe os produtos máis salientables e novidosos do mercado: música, libros, filmes, xoguetes etc.

    Fonte: Diario Vasco

    21 de decembro de 2020

    O Pleno do Parlamento de Cataluña rexeitou unha moción en contra do sistema educativo de inmersión lingüística, unha votación que se produce despois da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) que obriga a garantir que todo o alumnado reciba un mínimo do 25 % de clases en castelán como lingua vehicular.

    21 de decembro de 2020

    A Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social presenta Dicionarios de ida e volta, seis breves documentais nos que persoas procedentes de diferentes países nos falan do proceso migratorio, do poder integrador do galego e da riqueza lingüística dos seus lugares de orixe.

    21 de decembro de 2020

    O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou a convocatoria de axudas para a creación, mantemento e reforzo de servizos de normalización lingüística durante o ano 2021, dirixida a entidades locais.

    Fonte: CTNL

    21 de decembro de 2020

    O Concello de Vigo organiza unha nova edición de “No Nadal… un conto”, un programa de lecer en galego para o público familiar e infantil, e que este ano se desenvolve en formato virtual desde o 22 de decembro.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    18 de decembro de 2020

    A principios do ano 2021 comezarán as obras do Museo da Lingua Italiana que estará situado no mosteiro de Santa Maria Novella de Florencia.

    Fonte: ANSA

    18 de decembro de 2020

    Como cada ano nesta data (18 de decembro), a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) celebra o Día Mundial da Lingua Árabe.

    Fonte: UNESCO

    18 de decembro de 2020

    O Congreso Permanente da Lingua Occitana está traballando nun programa de recoñecemento de voz que podería permitir en breve interactuar cun teléfono móbil ou computador empregando só a lingua oral.

    Fonte: Jornalet

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder