O embaixador de Portugal en Caracas declarou que a aprendizaxe do portugués en Venezuela está en expansión. Actualmente xa hai 5500 escolares aprendendo a lingua de Camões nos centros de ensino venezolanos.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Parlamento da República Moldova aprobou unha lei que recoñece o ruso como lingua de comunicación intercomunitaria. Este recoñecemento garante ás comunidades rusófonas o dereito ao ensino nesta lingua.
Fonte: TASS
Dende o ano 2017 a Generalitat de Cataluña vén organizando accións de sensibilización sobre o uso do catalán en 406 marcas líder de 38 sectores empresariais diferentes, ás que lles solicita que empreguen esta lingua nas súas redes sociais, xa que se trata de canles de comunicación de especial relevancia nos últimos tempos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno vasco entregou os certificados Bikain de calidade do éuscaro, unha distinción que, nesta edición, recaeu en 17 entidades, nove das cales obtiveron o certificado de nivel superior, catro, o de nivel medio e outras catro, o básico. En canto á natureza das entidades, once delas eran de carácter privado e seis, público.
A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) anunciou os finalistas aos seus galardóns para os mellores guións en galego de longametraxes, así como o cambio de nome destes premios que pasarán a denominarse Premio Daniel Domínguez de guión en galego.
O Concello de Silleda iniciou a entrega dos adhesivos de Silledagasalla, con lemas en lingua galega relacionados co Nadal, no marco da sétima edición desta campaña de fomento do galego posta en marcha en colaboración cos centros educativos da vila e unha vintena de establecementos comerciais.
Fonte: Faro de Vigo
A Mesa pola Normalización Lingüística presenta un ano máis o Catálogo de Nadal 2020, que recolle diferentes propostas de agasallos en lingua galega que ofrecen as empresas adscritas ao proxecto Abertos ao Galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Novas voces para a lingua, o proxecto da Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela, bota a andar un ano máis baixo o lema “Conseguiremos”, co obxectivo de conectar a xente nova co galego. Arrinca cunha serie de cinco pezas audiovisuais, protagonizadas por mozos e mozas de referencia en Galicia, que empregan esta lingua en todos os contextos da vida, da creación e do desenvolvemento profesional.
O poeta, tradutor e médico portugués João Luís Barreto Guimarães foi o gañador da primeira edición do Premio Literario Armando da Silva Carvalho, organizado pola Cámara Municipal de Óbidos, Portugal.
Fonte: Jornal de Notícias
Un proxecto de lei presentado pola parlamentaria Michal Cotler-Wunsch pretende aprobar a obrigatoriedade de ensinar árabe nas escolas de Israel. Esta medida axudará a cidadanía israelí a estreitar lazos co pobo palestino.
Fonte: Israel Hayom
Boletín
Subscríbase ao boletín

