O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentaron Un lugar afastado, o novo libro do escritor Beto Luaces que completa a triloxía VICVS, un referente da novela negra ambientada na cidade.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Mancomunidade de Municipios Euscaldúns queixouse ante o Parlamento Foral da grave situación sociolingüística nalgúns dos servizos dos 14 concellos que a integran. Concretamente, denunciou o que está a acontecer nalgúns centros de atención primaria de varias localidades, nos que non se respecta o dereito a recibir atención en éuscaro.
O certame Youtubeir@s deu a coñecer os vídeos premiados na súa cuarta edición, na que participaron 536 propostas, 296 máis que na edición anterior. Trátase dunha iniciativa, organizada polos servizos de normalización lingüística de varios concellos, das universidades galegas e da Deputación da Coruña que ten como obxectivo encher Youtube de vídeos en galego.
Fonte: Culturagalega
O ministro da Reintegración dos Territorios Temporalmente Ocupados de Ucraína pediu a Google que incorpore outra vez a lingua tártara de Crimea á lista de idiomas que soporta o tradutor automático Google Translate.
Fonte: 112 UA
O axente de policía João Cunha é responsable de introducir a formación en lingua de signos no corpo de policía portugués da PSP (Policía de Seguranza Pública). Grazas a este axente, máis de 100 dos seus membros recibiron formación en lingua de signos desde o ano 2016.
Fonte: Jornal de Notícias
A nova Oficina de Defensa dos Dereitos Lingüísticos é un novo organismo público centrado, principalmente, en tramitar reclamacións sobre vulneración dos devanditos dereitos. Así mesmo, atenderá consultas sobre a normativa que os ampara e divulgará información sobre a materia.
Fonte: Mallorca Confidencial
A plataforma Haur Eskoletako Gurasoak presentou no Departamento de Educación instancias para defender o dereito ao éuscaro e demandar escolas infantís próximas de inmersión lingüística.
Fonte: Noticias de Navarra
A sétima edición da elección do neoloxismo catalán do ano ten xa dez palabras candidatas, todas relacionadas coa situación derivada da covid-19: conspiranoic, coronavirus, desconfinament, desescalada, grup bombolla, infodèmia, mascareta, teletreballar, traçabilitat e videotrucada. A gañadora optará a formar parte do dicionario normativo do Instituto de Estudos Cataláns.
O proxecto “Bueu e a fala” ten como obxectivo analizar a situación do galego en distintos ámbitos. En concreto, na edición deste ano, tratarase a presenza desta lingua no audiovisual a través de charlas virtuais e proxeccións.
Fonte: Concello de Bueu
Representantes de varias entidades en defensa do valenciano celebraron un acto reivindicativo con motivo do Día dos Dereitos Lingüísticos e presentaron un informe con diferentes denuncias de 2020. Entre as queixas, destacan as referidas a páxinas web ou programas da Consellería de Educación porque priorizan o castelán.
Boletín
Subscríbase ao boletín




