Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de decembro de 2020

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no salón de actos do Pazo de San Roque, na presentación da nova publicación en liña do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), Lírica galego-portuguesa. Lingua, sociolingüística e pragmática.

    03 de decembro de 2020

    Malia que a partida para promoción do asturiano sobe ata 2.077.271 euros, o que supón 172.641 euros máis en comparación con este ano, continúa representando o 0,04 % do total.

    Fonte: El Comercio

    03 de decembro de 2020

    Co gallo da celebración o 3 de decembro do Día Internacional do Éuscaro, o lehendakari leu unha declaración institucional, consensuada polo Goberno vasco, as tres deputacións forais, os concellos das capitais de provincia vascas, EUDEL e UEMA, no transcurso da primeira reunión do Consello Asesor do Éuscaro desta lexislatura.

    03 de decembro de 2020

    Os xornais escritos en linguas minorizadas, como o grego ou o armenio, están nunha situación precaria en Turquía ante a posibilidade de que o goberno recorte o financiamento do que subsisten.

    Fonte: SCF

    02 de decembro de 2020

    Un novo estudo publicado en JNeurosci revelou que o tempo que as crianzas están expostas ás linguas desde os primeiros momentos da vida pode determinar a súa función cerebral. 

    Fonte: EurekAlert

    02 de decembro de 2020

    A Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (XDLA) reuniuse cos dous candidatos a reitor para propoñerlles un decálogo de medidas para o uso do asturiano na Universidade de Oviedo, entre as que figuran a posta en marcha dun plan de normalización lingüística ou a posibilidade de examinarse e recibir coñecementos nesta lingua.  

    02 de decembro de 2020

    O Goberno vasco presentou o dicionario Feminismoa eta Berdintasuna, que inclúe termos básicos e os seus correspondentes conceptos e definicións en materia de feminismo e igualdade, tanto os establecidos na lexislación vixente como os xurdidos dos movementos sociais.

    Fonte: El Diario Vasco

    02 de decembro de 2020

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no salón de actos do Pazo de San Roque na presentación de Camiñantes do noso, unha miniserie documental xurdida ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia que pon en valor a visión dos anciáns sobre o Camiño de Santiago.

    02 de decembro de 2020

    A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o Parlamento Galego e o Foro Enrique Peinador convocan conxuntamente a XXVII edición dos Premios de Publicidade en Galego.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    01 de decembro de 2020

    Un grupo de nais e pais da vila vascofrancesa de Bardos uniuse para demandar a apertura dunha Ikastola, ou escola de inmersión en éuscaro.

    Fonte: Mediabask

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder