O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presentou en Pontevedra unha campaña que, baixo o lema 'O único xeito de apoiar a cultura é gozala', ten como obxectivo promover o consumo de produtos culturais galegos. Difundirase nas rúas comerciais das cidades de Galicia, nos medios de comunicación e nas principais redes sociais como Instagram, Spotify ou Tik Tok.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Asemblea Nacional francesa votou unha proposición de lei coa que pretende introducir a discriminación por lingua ou acento no código penal. De se aprobar esta norma, as penas por delitos de discriminación lingüística poderían ser de 45 000 euros e 3 anos de cadea.
Fonte: Naiz
Diferentes asociacións en defensa de linguas minorizadas de Escocia, Irlanda, Gales, a Illa de Man e Cornualles asinaron unha petición conxunta para reivindicar protección para as súas comunidades lingüísticas ante as presións dos mercados inmobiliarios.
Fonte: Nós Diario
O ministro responsable da Lingua Francesa do Goberno do Quebec, Simon Jolin-Barrette, anunciou que o executivo pretende fortalecer a lei sobre a lingua francesa co fin de paliar o declive que está a experimentar o francés na provincia canadense, sobre todo na cidade de Montreal.
Fonte: Everything GP
O volume Variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica, editada por Francisco Dubert-García, Vítor Míguez e Xulio Sousa, mostra as interrelacións entre as linguas que se falan neste territorio e os fenómenos de contacto entre elas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Mesa pola Normalización Lingüística e outros colectivos pertencentes á comunidade educativa reclámanlle á Xunta diálogo para avanzar na normalización da lingua galega no ensino.
Fonte: Nós Diario
A asociación Eta Kitto organiza en Eibar unha campaña que ten como obxectivo promover as compras no comercio local e fomentar o uso do éuscaro coa vista posta no Nadal.
Fonte: El Correo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a secretaria autonómica de Escolas Católicas, Juana Otero, inauguraron as XVI Xornadas de Normalización Lingüística, un evento formativo dirixido a equipos de dinamización da lingua galega e, en xeral, profesorado, tanto de centros públicos coma concertados e privados.
A embaixadora de Francia en Portugal, Florence Mangin, presentou unha proposta á Cámara Municipal de Guimarães para reforzar a aprendizaxe da lingua francesa nas escolas primarias por medio dun proxecto piloto que contará co apoio da Alliance Française.
Fonte: ComUM
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación de Camiñares, o terceiro videoclip da Triloxía meiga, da compañía Queiman e Pousa, coa que en outubro se inaugurou a publicación de traballos dixitais do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín


