O TERMCAT elaborou a versión catalá da norma UNE-EN ISO/IEC 17025:2017 Requisitos xerais para a competencia dos laboratorios de ensaio e calibración, ao abeiro do acordo establecido coa Asociación Española de Normalización-UNE e o convenio asinado entre a Deputación de Barcelona e a Generalitat de Cataluña para impulsar o uso do catalán no ámbito empresarial.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Museo do Mar de Galicia, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, desenvolve unha programación especial arredor do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Así o deron a coñecer o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial da Xunta na cidade olívica, Marta Fernández-Tapias.
A congresista peruana Matilde Fernández Flores xurou o seu cargo en lingua quechua para constituír o novo equipo de goberno do Perú no Congreso da República.
Fonte: Wapa
A corporación pública de televisión de Polonia, TVP, estreará unha canle de televisión en inglés dirixida á comunidade de polacos e polacas que viven no estranxeiro.
Fonte: Broadband TV News
‘Habelas, hainas’, xornada de carácter divulgativo sobre a investigación matemática, ten como obxectivo demostrar que esta ciencia está presente actualmente en todos os ámbitos da vida e contribuír a normalizar o uso do galego neste eido.
O ciclo de divulgación científica en galego DivulgaTerra 2020 ten previstas para os días 1 e 3 de decembro pequenas doses sobre diversas liñas de investigación nas que están a traballar tanto docentes como parte da mocidade investigadora.
Itadaki Smash poderá xogarse completamente en éuscaro nas súas versións para PlayStation 4 e PC. Xunto a esta lingua, estará dispoñible tamén en castelán, inglés, francés, italiano, alemán e portugués. Trátase dun dos poucos videoxogos en éuscaro para PS4, que representa apenas o 2 % dos idiomas dispoñibles nas producións españolas.
Compromís per Alacant cre necesario avanzar na presenza do valenciano na Administración local e fomentar a formación do funcionariado nesta lingua para ofrecerlle un mellor servizo á cidadanía. Por este motivo, propón que se comece a traballar na posta en marcha dun regulamento de promoción do valenciano, como xa existe na maioría dos concellos da comunidade.
O Goberno de Portugal aprobou en comisión parlamentaria a proposta do partido PAN (Persoas-Animais-Natureza) para regulamentar a actividade da interpretación en lingua de signos.
Fonte: Sapo 24
A lingua portuguesa está de aniversario en Macau xa que hai agora 60 anos que se comezou a ensinar na rexión autónoma chinesa. Hoxe a lingua de Camões goza de moi boa saúde ao ser ensinada nun total de 50 institucións macaenses.
Fonte: Observador
Boletín
Subscríbase ao boletín




