Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de novembro de 2020

    O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio convocan a XXI edición dos premios Manuel Beiras, que fan vinte anos e que teñen como obxectivo recoñecer e poñer en valor as empresas que empregan habitualmente o galego na súa comunicación.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    23 de novembro de 2020

    Arredor de 147 000 persoas participarán na edición deste ano de Euskaraldia, unha iniciativa que ten como obxectivo mudar os hábitos lingüísticos e impulsar o emprego do éuscaro e que se celebra en todos os territorios onde se fala esta lingua: País Vasco, Navarra e Iparralde.

    Fonte: Noticias de Navarra

    23 de novembro de 2020

    As axudas Interlingua 2021, para as que a Generalitat destina unha partida de 611 779 euros, teñen como obxectivo impulsar proxectos que fomenten o uso das linguas no ámbito universitario, xa sexa catalán, occitano ou lingua de signos catalá, ou outras como o inglés.

    23 de novembro de 2020

    A edición deste ano do certame LGx15. Ideas para o futuro da lingua trasládase aos dispositivos electrónicos, con vídeos en liña que se estrean en YouTube e Facebook entre o domingo 22 e o sábado 28 de novembro ás 21.00 h. O evento contará con sete charlas breves para compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro do galego.

    20 de novembro de 2020

    A clasificación internacional "English Proficiency Index" da empresa Education First revelou que España ocupa actualmente a posición número 34 en dominio do inglés, por detrás do resto de países da Europa occidental.

    Fonte: The Local

    20 de novembro de 2020

    O escritor escocés Douglas Stuart gaña o Premio Booker, un dos certames literarios de lingua inglesa máis prestixiosos do mundo, pola súa novela Shuggie Bain.

    Fonte: BBC

    20 de novembro de 2020

    Segundo a clasificación internacional "English Proficiency Index" da empresa Education First, Portugal figura no presente ano como o sétimo país do mundo onde mellor se fala inglés, só por detrás de Austria, Noruega, Suecia, Finlandia, Dinamarca e os Países Baixos. 

    Fonte: O Jornal Económico

    20 de novembro de 2020

    Unha obra de teatro da compañía portuense Estrutura visibiliza en Portugal a comunidade de persoas xordas e pon a lingua de signos no lugar máis destacado.

    Fonte: Observador

    20 de novembro de 2020

    O Sistema de Indicadores do Éuscaro (EAS), impulsado polos gobernos vasco e navarro, Euskararen Erakunde Publikoa e as tres deputacións forais vascas, acaba de renovar a súa web para que as persoas usuarias poidan consultar os datos dun xeito máis sinxelo, así como outros contidos, como vídeos, documentos, noticias etc.

    20 de novembro de 2020

    O diario dixital VIA Empresa, dedicado ao sector económico e empresarial e escrito en catalán, resultou gañador da terceira edición do Premio Lingua Nacional que outorga a Asociación Lingua Nacional e que conta co apoio da Generalitat de Cataluña.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder