O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, e o director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), Daniel González, presentaron no Pazo de San Roque a nova publicación O mundo en galego: comprender o global desde aquí, que se edita co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e que ten como obxectivo impulsar o uso do galego en todos os ámbitos.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A contratación destes dous estudos a especialistas, que recibirán un máximo de 8954 euros, ten como obxectivo fomentar a investigación e aumentar a documentación lingüística circunscrita ao ámbito de Mallorca.
Fonte: 20minutos
Familias de alumnado de escolas infantís de Pamplona, agrupadas na plataforma Haur Eskoletako Gurasoak, reclaman máis oferta de éuscaro nestes centros, unha queixa que farán chegar ao Departamento de Educación do Goberno de Navarra.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou na casa grande de Cimadevila, sede da Fundación Cultural Ramón Otero Pedrayo, a mostra Ricardo Carvalho Calero. A voz presente.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un pleno da Cámara de Deputados de México aprobou unha reforma do artigo segundo da constitución pola que se recoñece que as linguas indíxenas terán o mesmo status de idioma nacional que o español.
Fonte: La Jornada
Un grupo de expertas está tentando concienciar as institucións públicas xaponesas sobre a necesidade de non confiar nas plataformas de tradución automática á hora de traducir sinais informativos do xaponés ao inglés. As activistas lingüísticas consideran que as traducións incorrectas poderían ter un impacto negativo no turismo e mesmo pór en risco a poboación estranxeira en caso de terremoto ou outro tipo de emerxencias.
Fonte: The Guardian
Os presidentes da Asociación PuntoGal e da Mesa pola normalización lingüística asinaron un convenio de colaboración para promover a utilización do dominio da lingua e a cultura galegas.
Fonte: Galicia Confidencial
Xerais lanza dous novos volumes de Astérix: Astérix e o Normandos, un clásico da serie, e O menhir de ouro, un libro ilustrado que recupera un guión feito para o formato audiolibro. Así mesmo, Zephyrum e Trilita Edicións acaban de presentar dous novos álbums das aventuras de Tintín: Obxectivo a Lúa e Camiñantes na Lúa.
Amnesia 3.0, a primeira webserie interactiva en galego, estréase no Carballo Interplay, festival de contidos dixitais no que a serie conseguiu o Premio á produción de proxecto na pasada edición.
Fonte: Código Cero
O Premio á mellor xestión en lingua e comunicación, unha das categorías dos Premios E-TECH 2020, foi para a empresa Interactiu, responsable de desenvolver a aplicación Lacompra, polo uso do catalán en todas as interaccións que ofrece esta ferramenta para a compra por internet.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín


