A asociación en defensa do gaélico escocés, Bòrd na Gàidhlig, realizará enquisas a persoas novas de Escocia para que dean a súa opinión sobre como incrementar a porcentaxe de uso da lingua e garantir a súa supervivencia.
Fonte: Stornoway Gazette
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A asociación en defensa do gaélico escocés, Bòrd na Gàidhlig, realizará enquisas a persoas novas de Escocia para que dean a súa opinión sobre como incrementar a porcentaxe de uso da lingua e garantir a súa supervivencia.
Fonte: Stornoway Gazette
Unha revisión exhaustiva levada a cabo nos dicionarios da editorial Oxford University Press permitiu eliminar acepcións e exemplos sexistas de multitude de definicións, entre elas a que fai referencia á palabra "muller".
Fonte: The Guardian
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou, xunto ao presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, na presentación dos XL Cadernos Ramón Piñeiro. Estudos arredor de Ricardo Carvalho Calero, unha publicación que conta coa colaboración de 19 expertos que, a través dunha vintena de artigos, debullan a vida e obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas.
A plataforma Queremos Galego concentrouse ante o Parlamento de Galicia para pedirlle ao presidente da Xunta que defenda o galego como lingua vehicular no ensino nos debates xurdidos como consecuencia da reforma educativa.
Fonte: Galicia Confidencial
Once relatores participaron na V Xornada de Onomástica Galega na que se analizaron as implicacións sociolingüísticas e a contribución á normalización do galego da elección desta lingua para denominar produtos, tendas, establecementos hostaleiros ou marcas comerciais.
Quince organizacións xuvenís dos territorios de fala catalá impulsaron un acordo, que difundiron polas redes sociais co cancelo #FemHoEnCatalà, en defensa do catalán como lingua de acollida e cohesión social, así como o seu ensino nas aulas e o fomento da súa investigación e coñecemento.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Iniciativa pol Asturianu denunciou varias irregularidades en centros educativos, tanto públicos como concertados do Principado, como a falta de profesorado na materia de Lingua Asturiana.
Fonte: InfoAsturies
O dicionario de inglés Collins escolleu "lockdown" (confinamento) como a palabra do ano 2020 en lingua inglesa. O termo rexistrou unha espectacular subida no seu uso desde que se iniciou a pandemia da covid-19.
Fonte: BBC
O grupo empresarial Sogevinus ofrece coa ocasión do Día Nacional da Lingua de Signos Portuguesa visitas guiadas ás adegas de viño do Porto en lingua de signos.
Fonte: Sapo Viagens
A Mesa pola Normalización Lingüística creou o cancelo #OGalegoNonMata, que se converteu en tendencia, en resposta a unhas palabras do presidente da Xunta nas que criticaba o Goberno español por apoiar o uso das linguas cooficiais como vehiculares no ensino.
Fonte: Galicia Press
Subscríbase ao boletín