Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de novembro de 2020

    No colexio español Vicente Cañada Blanch da capital británica o galego é, xunto co castelán, a única lingua peninsular para a que se imparte docencia. Neste centro naceu en 2010 a iniciativa Galego en Londres da man do profesor Xaime Varela, ao principio como un simple perfil de Facebook para comunicarse co alumnado, pero que co tempo se converteu nun punto de referencia para toda a comunidade galega que vive nesta urbe.

    05 de novembro de 2020

    O Concello de Bilbao, no marco do programa Darabilbo, ten previstas para o mes de novembro 24 actividades gratuítas de lecer en éuscaro, entre as que figuran obradoiros de gastronomía, paseos en bicicleta ou varias charlas.

    Fonte: 20minutos

    05 de novembro de 2020

    Varias asociacións e sindicatos alertaron, nunha rolda de prensa en Ansoáin, sobre como a crise sanitaria provocada pola covid-19 está a repercutir negativamente no éuscaro e no seu proceso de normalización lingüística.  

    Fonte: Noticias de Navarra

    05 de novembro de 2020

    A edición en linguas minorizadas centra a XVII edición do Simposio “O libro e a lectura”, organizado pola Asociación Galega de Editoras (AGE), que este ano non contará con asistencia presencial, pero que se poderá seguir pola canle de Youtube da AGE.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    04 de novembro de 2020

    Co fin de celebrar o 250 aniversario do nacemento do poeta William Wordsworth (1770-1850), a Biblioteca Nacional de Portugal acolle unha exposición e congreso que analizarán polo miúdo o legado intelectual e literario do autor inglés.

    Fonte: Público

    04 de novembro de 2020

    O uso de formas femininas para se referir tanto a mulleres como a homes no borrador dunha lei do Ministerio de Xustiza alemán avivou o debate sobre a necesidade da linguaxe inclusiva. O borrador foi rexeitado polo medo a que poida ser declarado inconstitucional.

    Fonte: New York Times

    04 de novembro de 2020

    A plataforma Kontseilua e os sindicatos ELA e LAB pídenlle ao empresariado do País Vasco e de Navarra que nos acordos interprofesionais se pacte a negociación de plans para o uso do éuscaro nas compañías que teñan máis de 50 traballadores/as. Así mesmo, demándanlles aos gobernos de ambas as comunidades que apoien a medida a través de recursos económicos.

    04 de novembro de 2020

    Froito dun pacto entre ERC, PSOE e Unidas Podemos, na futura lei educativa eliminarase a referencia expresa a que o castelán sexa lingua vehicular, para blindar a inmersión lingüística en Cataluña, e obrigará a que o alumnado teña competencias en catalán e castelán.

    Fonte: El Periódico

    04 de novembro de 2020

    Nunha mesa redonda, organizada pola Facultade de Filoloxía e Tradución, tratáronse as oportunidades laborais deste campo en Galicia, máis alá da tradución literaria. Así mesmo, abordáronse as posibilidades que proporciona o galego, unha lingua que abre moitas portas nun mercado global de tradución e interpretación.

    03 de novembro de 2020

    O presidente da República de Irlanda, Michael D. Higgins, presentou nun acto virtual un novo dicionario bilingüe inglés-gaélico irlandés, unha obra lexicográfica que necesitou 11 anos de traballo.

    Fonte: Irish Central

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder