O dicionario en liña de luxemburgués Lod.lu inclúe unha lista de conceptos sobre a covid-19 e a súa tradución a outras linguas entre as que se atopa o portugués.
Fonte: Contacto
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O dicionario en liña de luxemburgués Lod.lu inclúe unha lista de conceptos sobre a covid-19 e a súa tradución a outras linguas entre as que se atopa o portugués.
Fonte: Contacto
O Parlamento de Navarra rexeitou unha proposta para garantir que o coñecemento do éuscaro se valore como mérito nas prazas que se cubran a través de concurso e concurso-oposición.
Fonte: El Confidencial Digital
Estes galardóns, impulsados polo Servizo de Normalización Lingüística, buscan fomentar entre o alumnado a cultura da calidade ligada ao uso do galego. Conta con dúas modalidades, Traballos Fin de Grao (TFG), cuxos gañadores recibirán 300 euros e diploma acreditativo, e Fin de Mestrado (TFM), 500 euros e diploma.
A directora xeral de Política Lingüística deu a coñecer os resultados das análises sobre a situación lingüística do comercio en localidades estudadas en 2019 e as liñas xerais dos plans locais que se presentarán progresivamente nas vindeiras semanas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Xunta de Galicia publica a convocatoria de oito bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas dos centros de estudos galegos de universidades de Barcelona, Estremadura, Granada, Madrid, Lisboa, Padua, Río de Xaneiro e São Paulo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Os novos tribunais comerciais de Stuttgart e Mannheim, na rexión alemá de Baden-Württemberg, permitirán resolver casos e disputas xudiciais en inglés a empresas ou persoas que non dominen o alemán.
Fonte: DW
O Ministerio de Cultura de Portugal anunciou que o profesor e ensaísta Vítor Manuel de Aguiar e Silva é o novo vencedor do Premio Camões 2020. O galardoado foi durante 12 anos vicerreitor da Universidade do Miño.
Fonte: Observador
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, Gadis reparte nos seus supermercados a novela gráfica en galego Brian, o chinés, unha obra de David Daniel Vázquez Álvarez con ilustracións de Andrés Meixide. Con esta actividade a compañía busca apoiar a edición de libros nesta lingua e fomentar a lectura, así como promover a diversidade e a integración.
As axudas para o fomento do uso do catalán, convocadas en xuño, repartirán 225 000 euros entre proxectos de voluntariado lingüístico, actividades formativas para colectivos específicos, de lecer, de integración lingüística e de sensibilización.
Fonte: La Vanguardia
O Instituto de Estudios Baleáricos vai poñer en funcionamento o Centro de Catalán Virtual, unha iniciativa que ten como obxectivo garantir que quen o desexe poida preparar un nivel de catalán ou perfeccionar o que xa ten. Incluirá recursos e ligazóns para a aprendizaxe desta lingua, así como un equipo de asesoramento para responder dúbidas e preguntas.
Subscríbase ao boletín