Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de outubro de 2020

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiron á primeira das funcións na cidade olívica do espectáculo musical Aladino e a lámpada marabillosa, incluído no Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021, que ofrece Avento Producións na Sala Artika.

    28 de outubro de 2020

    O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou as bases das axudas que convoca a Deputación provincial para o fomento do galego. En total, destinarase unha partida de 220 000 euros que se repartirán entre entidades sin ánimo de lucro e concellos de menos de 50 000 habitantes.

    Fonte: Deputación de Pontevedra

    27 de outubro de 2020

    O centro de ensino Domingo Savio de Rionegro, no departamento de Antioquia, converteuse na primeira escola rural bilingüe español-inglés de Colombia.

    Fonte: Bluradio

    27 de outubro de 2020

    O Consello Rexional da Bretaña anunciou unha axuda de 200 000 euros para apoiar e fomentar a rede de escolas Diwan que integra medio centenar de centros de ensino de inmersión en lingua bretoa. 

    Fonte: Nós Diario

    27 de outubro de 2020

    Estas xornadas, este ano cun formato virtual, teñen como obxectivo deseñar estratexias para activar os/as falantes de galego do século XXI. Haberá dúas sesións abertas, os días 10 e 12 de novembro, e unha sesión de traballo interna, para persoal técnico, o 17.

    27 de outubro de 2020

    Nos últimos meses apareceron algúns xogos en asturiano cunha moi boa acollida, entre elas o primeiro xogo de rol nesta lingua: Después d'ochobre. Proba do seu éxito é que esta versión superou en vendas á súa homóloga en castelán.

    Fonte: El Comercio

    27 de outubro de 2020

    O Consorcio para a Normalización Lingüística pon a disposición de empresas e asociacións empresariais un servizo de asesoramento para facilitarlles recursos que melloren a calidade lingüística en catalán e a comunicación nas redes sociais.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    27 de outubro de 2020

    O ciclo de coloquios virtuais Redes Galegas terá lugar os días 29 de outubro e 5 e 12 de novembro. Consta de tres xornadas nas que profesionais relacionados coas redes sociais e a comunicación dixital afondarán en temas como a presenza da cultura galega en internet ou no uso das redes sociais como un xeito de achegar o galego ás novas xeracións.

    27 de outubro de 2020

    Logo da interrupción en marzo por mor da crise sanitaria, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua retoma a convocatoria dos II Premios Mil Primaveras destinados a proxectos de posta en valor e fomento do galego.

    Fonte: CTNL

    27 de outubro de 2020

    Grazas aos traballos de recollida da tradición oral realizados nas súas sete parroquias, o Concello de Nigrán pon a disposición da cidadanía algo máis de 7000 nomes de lugares como campos, cultivos, pazos, montes, lavadoiros, presas, regatos, hórreos... que quedarán gardados nos arquivos municipais e xeolocalizados nunha páxina web.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder