O proxecto Youtubeir@s pon a disposición da comunidade educativa unha breve guía de recursos en galego dispoñibles en Youtube que inclúe unha selección de vídeos didácticos sobre diferentes ámbitos (ciencia, plástica, literatura e lingua, música, natureza…).
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Menhir de Ouro publicouse orixinalmente en 1967 como disco-libro, pero nunca aparecera como álbum. Agora actualizouse como parte da colección de álbums, e chega a Galicia da man da Editorial Xerais, cuxa edición vén acompañada dun audiolibro en galego con voces excepcionais, música orixinal e efectos sonoros feitos á medida.
Co lema Euskaraz, talentua gara!, organizarase unha campaña de identificación e difusión de boas prácticas, con charlas para responsables dos centros de FP e almorzos de traballo con responsables dos centros de traballo co obxectivo de reflexionar sobre o uso e as funcións das linguas e amosar o valor engadido que ofrece o éuscaro no mundo laboral.
A Plataforma per la Llengua presentou nas Illas Baleares o Selo de Produto Lingüisticamente Responsable para implantar nas empresas do arquipélago co obxectivo de identificar os produtos etiquetados en catalán e impulsar o seu consumo.
Fonte: La Vanguardia
Con motivo da celebración do Día do Dano Cerebral Adquirido (26 de outubro), o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González, participaron na presentación do libro A noite en que todo cambiou. A vida con DCA, de Concha Otero, que publica Hércules Ediciones co apoio da Xunta de Galicia.
A Xunta de Galicia impulsa unha trintena de actividades para celebrar este novembro o Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas da rede pública da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, así como nas bibliotecas escolares. O obxectivo desta iniciativa, que se desenvolverá entre os días 7 e o 28 do vindeiro mes, é sensibilizar os máis novos sobre a necesidade de empregar o galego na literatura científica.
O Consello Ártico, organización intergobernamental integrada polos Estados e poboacións indíxenas do Ártico, apoiará un proxecto que pretende dixitalizar e preservar o patrimonio lingüístico e cultural dos diferentes pobos que habitan as rexións árticas.
Fonte: The Arctic
Unha iniciativa do Centro Nacional Escocés de Linguas da Universidade de Strathclyde levará o ensino da lingua e cultura árabes a escolas primarias e institutos de Escocia.
Fonte: Tes
Un total de 67 beneficiarios, entre particulares, empresas, asociacións e clubs deportivos, van repartirse as axudas que o Consell de Menorca destina á promoción do uso do catalán en diferentes sectores.
Fonte: Menorca
A Asociación de Persoas Xordas de Vic e Comarca puxo en marcha, co apoio da Generalitat de Cataluña, Espiell, unha plataforma dixital con contidos culturais para fomentar a lingua de signos catalá, que inclúe tamén a opción de subtítulos en catalán, castelán e inglés.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín



