A aplicación móbil estoniana Drops ofrece un innovador método de aprender 39 idiomas estranxeiros. A directiva da empresa informou de que chegou aos 25 millóns de usuarios e usuarias en todo o mundo.
Fonte: Phone Arena
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A aplicación móbil estoniana Drops ofrece un innovador método de aprender 39 idiomas estranxeiros. A directiva da empresa informou de que chegou aos 25 millóns de usuarios e usuarias en todo o mundo.
Fonte: Phone Arena
A Universidade Federal de Roraima (Brasil), en colaboración coa Universidade de Cundinamarca (Colombia), ofrecerá catro cursos virtuais de lingua española e un de literatura colombiana. O acordo entre as dúas universidades permitirá tamén ofrecer no futuro cursos de portugués a estudantes colombianos.
Fonte: Globo
Cada ano prodúcense arredor dun milleiro de vídeos musicais en catalán. Para darlles visibilidade nace na canle 33 o programa Clipping, que ofrecerá cada sábado unha selección de videoclips que mostren a actualidade musical e audiovisual de Cataluña.
Fonte: El Periódico
Segundo explicou a Xunta, a súa plataforma de préstamo dixital das bibliotecas GaliciaLe duplicou o número de lectores en lingua galega desde que comezou a crise da covid-19.
Fonte: Galicia Confidencial
Segundo a Plataforma per la Llengua, o emprego do catalán nas horas lectivas dos estudos de Dereito nas universidades non chega nin ao 50 %, tanto nos estudos de grao como de mestrado, unha situación que repercute no sistema xudicial.
Fonte: Plataforma per la Llengua
O nome de orixe irlandesa Liam está experimentando unha popularidade enorme en todo o mundo e aspira a se converter no novo Kevin. En países como Alemaña, España, Suecia e Bélxica o nome experimentou un importante crecemento na lista de nomes propios de home de 2019.
Fonte: The Guardian
O Concello de La Almunia, en colaboración co Goberno de Aragón, puxo en marcha a iniciativa 'Plantero de parolas de l'ortal' para a que se creou un blog (planterodeparolas.com) que servirá para recompilar e amosar palabras tradicionais relativas aos hortos, como traballos, produtos ou ferramentas.
O Laboratorio de Informática e Intelixencia Artificial do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT CSAIL, polas súas siglas en inglés) desenvolveu un algoritmo baseado en intelixencia artificial que podería axudar a descifrar idiomas xa desaparecidos.
Fonte: MIT News
O Goberno da República de Irlanda aprobará unha lei que garantirá que o 5 % das novas incorporacións á función pública sexa competente en gaélico irlandés.
Fonte: Irish Legal News
No curso 2018-19, as materias en catalán nas universidades públicas de Cataluña alcanzaron as 19 128, o que significa un incremento do 18,6 % con respecto ao curso 2014-15, cando foron 16 122.
Fonte: La Vanguardia
Subscríbase ao boletín