Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de outubro de 2020

    A Universidade de Lisboa amplía o prazo para estudar linguas eslavas de xeito gratuíto. O alumnado que decida matricularse achegarase por medio destes cursos aos idiomas falados en Rusia, Bulgaria, Polonia, Eslovenia, República Checa e Croacia.

    Fonte: Público

    19 de outubro de 2020

    O proxecto The Rosetta Project pretende preservar os datos dunhas 1500 linguas do mundo por medio do seu almacenamento nun disco de níquel de menos de 8 centímetros de diámetro.

    Fonte: Xataka

    19 de outubro de 2020

    O Viquimarató de la Llengua Catalana celebrarase entre o 6 e o 13 de novembro e, a causa da pandemia, desenvolverase en liña co cancelo #ViquiLlengua7x7. Ademais, a novidade desta sétima edición é que, por vez primeira, participarán os sete territorios de fala catalá.  

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    19 de outubro de 2020

    O debate lingüístico reábrese na Comunidade Valenciana ante a posibilidade de que na nova Lei de función pública o coñecemento do valenciano se converta en obrigatorio para quen queira acceder á Administración, tamén no caso do persoal sanitario.

    Fonte: El Periòdic

    19 de outubro de 2020

    O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia súmase á homenaxe ao Centenario da Xeración Nós, coa colaboración do Museo do Pobo Galego, a través da mostra “Mar de libros”, de Isabel Pintado, que se exhibe en San Domingos de Bonaval ata o vindeiro 6 de decembro.

    19 de outubro de 2020

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou a mostra Ricardo Carvalho Calero. A voz presente, que promove a Consellería de Educación, Cultura e Universidade en colaboración coa Associaçom Galega da Lingua (AGAL) no marco da programación institucional conmemorativa das Letras Galegas 2020 da Xunta de Galicia.

    16 de outubro de 2020

    Un bo número de mobilizacións espalladas por todo o estado francés demandaron ao executivo galo que garanta o ensino de linguas rexionais como o occitano ou o bretón e promova un estatuto de protección para todas elas.

    Fonte: Jornalet

    16 de outubro de 2020

    O Goberno do Canadá expresou, por medio de dous dos seus ministros, un firme compromiso na protección e promoción das linguas nativas da provincia de Manitoba.

    Fonte: Cision

    16 de outubro de 2020

    A nova partida orzamentaria aprobada na República de Irlanda inclúe un investimento de 18 millóns de euros para a promoción da lingua gaélica e as zonas de fala gaélica ou Gaeltacht.

    Fonte: Newry

    16 de outubro de 2020

    O Goberno de Chipre informou de que as escolas de educación primaria e secundaria do país reforzarán o ensino da lingua grega entre o alumnado procedente de familias estranxeiras.

    Fonte: Cyprus Mail 

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder