Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de outubro de 2020

    Cun investimento superior aos 200 000 euros, a Xunta de  Galicia renovou a súa colaboración con universidades de distintas partes do mundo (tanto do resto de España como de países como Alemaña, Austria ou Portugal) co obxectivo de divulgar a lingua, a literatura e a cultura galegas no ámbito académico.

    13 de outubro de 2020

    Ata o 5 de novembro a poboación de Granollers poderá participar nun concurso que pretende fomentar, ao mesmo tempo, o comercio de barrio e o uso do catalán, así como dar a coñecer vocabulario específico de diferentes tipos de tendas.

    13 de outubro de 2020

    O acordo de colaboración asinado entre RTVE e o Instituto Cervantes ten como obxectivo promover e difundir a lingua e a cultura españolas a través dun incremento da información no ente público sobre este idioma.

    Fonte: La Vanguardia

    13 de outubro de 2020

    O BNG denunciou no Congreso a prohibición por parte de Enaire (entidade adscrita ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana) das comunicacións en galego entre o persoal do seu centro en Santiago de Compostela.

    Fonte: El Español

    13 de outubro de 2020

    O Departamento de Tecnoloxía do IES de Soutomaior elaborou unha serie de infografías en lingua galega con indicacións básicas para o uso das TIC no ámbito educativo que están dispoñibles para a súa descarga na web do centro en formato .jpg ou .pdf.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    13 de outubro de 2020

    Rodolfo Piskorski é un profesor brasileiro da Universidade de Cardiff que decidiu examinarse de galés para poder obter a nacionalidade británica.

    Fonte: BBC

    09 de outubro de 2020

    O comisario da Lingua Galesa, Aled Roberts, declarou que se debe protexer e incentivar a agricultura porque é un sector importantísimo para a supervivencia do galés como lingua comunitaria.

    Fonte: BBC

    09 de outubro de 2020

    O Goberno de Finlandia acaba de presentar a versión en inglés da súa aplicación de rastrexo da covid-19. A versión orixinal en finlandés e sueco estreouse o mes pasado.

    Fonte: YLE

    09 de outubro de 2020

    Por terceiro ano consecutivo, convócase o concurso de traballos de investigación lingüística sobre o éuscaro no ámbito de Navarra, ao que se destinarán 12 000 euros. O obxectivo desta convocatoria é difundir os proxectos de campos como a lexicografía, a dialectoloxía, a toponimia e a sociolingüística.

    09 de outubro de 2020

    Filmesturas é un festival de curtametraxes rodadas en linguas minorizadas, como o galego, o catalán, o éuscaro, o quechua, o tagalo, o afrikaans ou o samoano, que se celebra entre os días 9 e 12 de outubro nos concellos da Coruña, Sada, Oleiros e Cambre.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder