Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de outubro de 2020

    O proxecto Lingua e prensa, impulsado pola Universidade de Málaga en 2008 para recompilar noticias xornalísticas sobre as linguas de España, permite na actualidade acceder a unha hemeroteca lingüística virtual que conta con máis de 22 000 novas etiquetadas procedentes de diferentes medios de comunicación.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    06 de outubro de 2020

    A Deputación de Áraba, en colaboración co Goberno vasco e o Concello de Vitoria, porá en marcha, no marco do programa Lanabes de impulso do uso do éuscaro no ámbito empresarial arabés, dous novos proxectos: unha comunidade de prácticas nesta lingua e un servizo de asesoramento lingüístico para as empresas.

    Fonte: El Correo

    06 de outubro de 2020

    Por medio da aprobación dunha lei de 2018, a Xunta Rexional da Rexión Autónoma de Sardeña autorizou a impartición da lingua algueresa nas escolas da cidade de Alguer.

    Fonte: dBalears

    05 de outubro de 2020

    A Universidade Napier de Edimburgo converteuse no terceiro centro de ensino superior de Escocia que decide recortar os seus estudos de natureza lingüística por motivos de baixa rendibilidade económica.

    Fonte: The Times

    05 de outubro de 2020

    A creación do vídeo ‘La terra del foc’ servirá para dar a coñecer o vocabulario da pirotecnia.  Trátase dun produto audiovisual que está pensado para difundir a través das redes sociais e a mensaxería instantánea.

    Fonte: El Periòdic

    05 de outubro de 2020

    A Concellería de Normalización Lingüística está a organizar unha programación especial para o 9 de outubro, data na que tamén se conmemora o 25º aniversario deste departamento. Entre as actividades previstas figuran a entrega dos XXIII Premios Maig-Memorial Pasqual Batalla, o Correllengua, música en valenciano etc.

    05 de outubro de 2020

    O pazo municipal acolleu a sesión constituínte do Consello Sectorial da Lingua de Ferrol. Nesta primeira sesión ordinaria aprobouse o regulamento interno do novo órgano. Agora abrirase un período para que soliciten o seu ingreso particulares e entidades que nos seus estatutos inclúan a defensa do galego.

    05 de outubro de 2020

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Centro Sociocultural de Alfoz na presentación dos dous volumes O bispado de Mondoñedo na Idade Media. Territorio, comunidade e poder, un traballo do investigador Carlos Andrés González Paz que se publica co apoio da Xunta de Galicia.

    05 de outubro de 2020

    A Xunta de Galicia reforza o seu apoio á Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) a través dun novo convenio de colaboración que ten por obxecto facilitar o acceso deste colectivo a información pública do seu interese en lingua de signos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de outubro de 2020

    O Portal das Palabras, unha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié, convoca o concurso “Olla a Palabra do Día!” dirixido aos centros educativos. Repartiranse oito premios entre os traballos do alumnado que lles poñan imaxes aos termos da sección Palabra do Día.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder