O Goberno de Navarra, a través de Euskarabidea-Instituto Navarro do Éuscaro, vai destinar case 190 000 euros en axudas para que as persoas adultas aprendan a lingua vasca. Estas subvencións comprenden as modalidades de aprendizaxe extensiva, intensiva, en internado e autoaprendizaxe.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) decidiu concederlle o III Premio Xela Arias á sala de cinema santiaguesa Numax pola súa posta en valor da lingua galega.
Fonte: Nós Diario
A Mesa pola Normalización Lingüística comezou hai un par de semanas unha campaña para demandar unha canle Xabarín Club que emita en galego as 24 horas do día ao longo de todo o ano, con contidos de interese para a infancia e a mocidade. Neste período xa conseguiu 15 000 sinaturas de apoio, o que levou á entidade a converter a proposta nunha proposición non de lei de iniciativa popular.
A Deputación Foral de Áraba e Bai Euskarari Elkartea presentaron a sexta edición destes galardóns que recoñecen o esforzo das empresas que promoven o emprego do éuscaro. En total, premiaranse cinco entidades ou persoas físicas polas iniciativas postas en marcha para impulsar o uso desta lingua no ámbito social e empresarial.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia, na presentación do libro de Pilar García Negro Ricardo Carvalho Calero, orador. Discursos e leccións, así como dunha exposición bibliográfica complementaria desta edición, ambos homenaxe da Cámara galega ao autor das Letras 2020.
A compañía aérea Japan Airlines anunciou que en breve adoptará o uso dunha linguaxe inclusiva e libre de estereotipos de xénero nos seus voos tanto en xaponés como noutras linguas.
Fonte: Independent
Nace en Portugal a Asociación Internacional de Mozos Avogados de Lingua Portuguesa co obxectivo de apoiar e representar avogados e avogadas novos que proveñan de países de lingua oficial portuguesa.
Fonte: Região Sul
O Voluntariado pola Lingua, un programa que busca mellorar o dominio do uso oral do catalán, inicia unha nova tempada de actividades no marco dunha campaña que ten como lema “Quan parles fas màgia” e cuxo obxectivo é incidir na transformación persoal que supón para aprendices e voluntarios practicar xuntos este idioma.
A publicación por parte de Apple de novas ofertas laborais que demandan o dominio de diferentes linguas, entre as que figura o catalán, fai pensar que o asistente Siri estará dispoñible proximamente neste idioma.
Fonte: Applesfera
Mercedes Peón leva ao concello coruñés de Oroso o seu proxecto Déixaas, no marco da programación do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 que promove a Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín




