A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) organiza un curso en liña sobre estratexias de comunicación para servizos de normalización lingüística, que impartirá a profesora da Universidade de Vigo Emma Torres Romay e que se desenvolverá os días 22, 23, 29 e 30 de outubro e 5 e 6 de novembro de 9.00 a 11.00 h.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da exposición retrospectiva das XIV Xuntanzas Internacionais da Fundación Paco Lareo-A Solaina de Piloño.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade da Integración Internacional da Lusofonía Afro-Brasileira (UNILAB), con sede no estado brasileiro de Ceará, ampliou recentemente a súa oferta de cursos dedicados á lingua portuguesa.
Fonte: Plataforma Media
O ministro italiano de Cultura, Dario Franceschini, confirmou que o ano que vén comezarán as obras en Florencia do Museo da Lingua Italiana. O inicio deste proxecto coincidirá co aniversario dos 700 anos da morte de Dante.
Fonte: ANSA
Despois de que a súa última falante morrese hai agora 16 anos, a lingua escrita nüshu, antigamente falada só por mulleres nunha zona rural da provincia chinesa de Hunan, está experimentando un importante rexurdimento. Cada vez máis persoas deciden aprender esta lingua e existe un museo dedicado a preservar o seu legado.
Fonte: BBC
O 30 de setembro de cada ano o mundo celebra o Día Internacional da Tradución co fin de concienciar sobre a importancia deste ámbito profesional no entendemento mundial. O tema deste ano é "Atopar as palabras para un mundo en crise".
Fonte: Times on News
Joaquín Salvador Lavado, máis coñecido como Quino, faleceu aos 88 anos en Arxentina. O humorista gráfico máis traducido da lingua española pasará á historia como o creador da personaxe de Mafalda, unha nena sabia e respondona.
Fonte: El País Brasil
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou os valores e principios da Xeración Nós, que permanece fiel a un galeguismo de concordia e onde se atopan as orixes culturais “da Galicia que somos”.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Bilbao presentou unha nova edición de Biribilko, un programa que ten como obxectivo impulsar a normalización e o uso do éuscaro nos establecementos comerciais da cidade.
Fonte: Deia
O baixo nivel de éuscaro do alumnado inscrito no modelo D ao finalizar a educación obrigatoria levou ao Consello Escolar de Euskadi a solicitar unha reflexión profunda sobre o ensino nesta modalidade que, ademais, é a maioritaria.
Fonte: Deia
Boletín
Subscríbase ao boletín





