O que arde, El hoyo e La trinchera infinita son os tres títulos que optan a representar a España na vindeira edición dos premios Óscar de Hollywood na categoría de Mellor Película Internacional.
Fonte: Galicia Confidencial
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O que arde, El hoyo e La trinchera infinita son os tres títulos que optan a representar a España na vindeira edición dos premios Óscar de Hollywood na categoría de Mellor Película Internacional.
Fonte: Galicia Confidencial
Rinoceronte Editora acaba de publicar de balde na súa páxina web un dicionario castelán-galego, que inclúe ademais sinónimos, fraseoloxía e topónimos. A vontade da editorial é mantelo vivo e melloralo coas achegas e as consideracións das persoas usuarias.
Fonte: Culturagalega
Un total de 800 persoas solicitaron a súa participación na primeira proba de certificación de lingua asturiana de nivel intermedio (B2), para a que se establecera un máximo de 500 prazas.
Fonte: La Nueva España
O Concello de Pamplona convoca subvencións para a realización de proxectos de promoción do éuscaro, unha convocatoria á que destinará 72 000 e que está dirixida a entidades e asociacións sen ánimo de lucro.
Fonte: Diario de Navarra
O xurado dos Premios á calidade lingüística deu a coñecer os nomes das persoas gañadoras da XIV edición deste certame que ten como obxectivo promover a cultura da calidade ligada ao uso do galego entre o alumnado da USC.
O Instituto Cervantes de Salvador de Baía (Brasil) ofrece unha mostra virtual de curtametraxes de temática LGBTQI+ en español. As producións estarán dispoñibles na canle Vimeo do Instituto Cervantes.
Fonte: Globo
A Biblioteca Nacional do Perú e a Dirección de Linguas Indíxenas do Ministerio de Cultura organizan cursos en liña de quechua (da variedade chanka) e ashaninka. Os cursos serán impartidos por medio de plataformas de videoconferencia.
Fonte: TVRobles
San Tomé e Príncipe reintroduciu o ensino opcional da lingua alemá no sistema escolar, despois de anos de ausencia nos centros educativos do arquipélago.
Fonte: Deutsche Welle
Despois da celebración do denominado Foro La Toja, que incumpre a Lei de normalización lingüística no uso do topónimo, o grupo parlamentario do BNG solicitoulle á Xunta que esixa o emprego da denominación oficial da Toxa en eventos, rótulos e establecementos.
Fonte: Galicia Confidencial
O Concello de Bilbao e a Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaintza renovaron o convenio anual que manteñen desde 2008 polo cal ambas as institucións colaboran no desenvolvemento e a socialización do éuscaro na cidade, así como na organización de actos culturais. Ao abeiro deste convenio, Euskaltzaindia recibe unha subvención de 35 500 euros e presta asesoramento lingüístico aos diferentes servizos municipais.
Subscríbase ao boletín