Un informe divulgado pola oficina estatística da Unión Europea, Eurostat, revela que Portugal é xunto con Grecia o país da Unión Europea con menos alumnado de ensino secundario estudando dúas ou máis linguas estranxeiras.
Fonte: Sapo 25
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un informe divulgado pola oficina estatística da Unión Europea, Eurostat, revela que Portugal é xunto con Grecia o país da Unión Europea con menos alumnado de ensino secundario estudando dúas ou máis linguas estranxeiras.
Fonte: Sapo 25
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, e o ministro de Educación, Tiago Brandão Rodrigues, presentaron en Lisboa a nova Rede de Ensino do Portugués no Estranxeiro co que o executivo portugués reforzará os mecanismos para potenciar a aprendizaxe da lingua portuguesa noutras partes do mundo.
Fonte: Notícias ao Minuto
Máis de cen persoas do ámbito da cultura asinaron un manifesto que, baixo o título ‘Por una RTPA al serviciu de la cultura asturiana’, reclama que a Radiotelevisión Pública de Asturias dignifique e aumente os contidos asturianos, especialmente na lingua propia, na súa programación.
Fonte: Nortes
Este obradoiro de acollemento lingüístico, que consta de 18 sesións, está dirixido a persoas adultas procedentes doutras comunidades lingüísticas que queiran aproximarse á lingua e á cultura galegas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O obradoiro “Recursos informáticos para traballar en galego”, que se desenvolverá ao longo do mes de outubro no Auditorio do Mar de Vigo, está dirixido a todas as persoas que desexen ampliar os seus coñecementos sobre este tema.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Donostia vai organizar diferentes actividades para fomentar o éuscaro entre a infancia e a mocidade no seu tempo de lecer, co obxectivo de que o emprego desta lingua non se reduza ao ámbito escolar, senón que tamén se use noutros espazos vitais, como os parques ou os adestramentos deportivos.
Fonte: DonostiTik
O Brasil e Portugal uníronse para lanzar o proxecto Club de Lectura en Lingua Portuguesa que forma parte dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU.
Fonte: JovemPan
O Congreso Permanente da Lingua Occitana (CPLO) presentou dous novos traballos lexicográficos en lingua occitana: un dicionario de nomes propios e un dicionario de xentilicios.
Fonte: Jornalet
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participaron, no Centro Sociocultural Mingos de Pita de Melide, na mesa redonda de presentación da campaña Os nosos produtos, en galego.
O programa para a práctica do éuscaro Berbetan, organizado pola asociación Eta kitto!, xa ten aberto o prazo de inscrición. Esta iniciativa posibilita os encontros entre persoas con esta lingua como protagonista de conversas e actividades en grupos reducidos.
Fonte: Diario Vasco
Subscríbase ao boletín