Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de setembro de 2020

    A aplicación Radar COVID, dispoñible de balde para a súa descarga, xa se pode descargar en galego, que se une así ao resto de linguas do Estado. Trátase dunha ferramenta que suporá unha importante axuda para o rastrexo dos contactos das persoas contaxiadas co coronavirus.

    Fonte: Praza Pública

    18 de setembro de 2020

    A Mesa pola Normalización Lingüística anunciou que vai presentar unha proposición non de lei de iniciativa popular para que o Goberno galego aumente a programación infantil e xuvenil en lingua galega na TVG a través da creación dunha canle Xabarín.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    18 de setembro de 2020

    A cidadanía do condado de Gwynedd, no País de Gales, demanda ao Goberno de Gales que tome medidas para paliar o impacto que o incremento da especulación inmobiliaria por mor da crise da covid-19 está tendo para a supervivencia da lingua galesa nas comunidades locais.

    Fonte: Nation Cymru

    18 de setembro de 2020

    Milleiros de persoas de California que non teñen o inglés como primeira lingua van precisar servizos de tradución para garantir o seu pleno dereito ao voto nas eleccións de novembro.

    Fonte: Calmatters

    18 de setembro de 2020

    Nova Zelandia celebra a Semana da Lingua Maorí que pretende exaltar a cultura, as tradicións e a lingua indíxena do país insular.

    Fonte: Diário do Turismo

    18 de setembro de 2020

    Euronews incorpora o uso da lingua xeorxiana ás emisións da súa canle local en Xeorxia e comezará a emitir 24 horas neste idioma.

    Fonte: Euronews

    17 de setembro de 2020

    A Consellería de Cultura, Educación e Universidade leva á Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés a mostra Carvalho Calero. A voz presente, impulsada en colaboración coa Associaçom Galega da Lingua (AGAL) no marco da programación institucional conmemorativa das Letras Galegas 2020 promovida desde a Xunta de Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    17 de setembro de 2020

    UPL-Bierzo presentou unha alegación ao novo regulamento do Consello Comarcal do Bierzo en relación coa defensa do leonés neste territorio, para que se  teña en conta a diversidade lingüística da comarca.

    Fonte: La Nueva Crónica

    17 de setembro de 2020

    Antón Costa Rico, catedrático de Historia da Educación na Universidade de Santiago, recibiu o III Premio Luís Porteiro Garea en recoñecemento ao seu traballo a prol da normalización do uso do galego nesta institución.   

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    17 de setembro de 2020

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou xunto co presidente da Deputación Provincial de Ourense, Xosé Manuel Baltar, na presentación do libro Chano Piñeiro ou a teima dun soño (1954-1995), de Francisco Rozados Rochi.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder