Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de setembro de 2020

    O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou a aprobación definitiva da Ordenanza de uso da lingua galega no Concello do Porriño, un texto que declara o galego como idioma oficial, que empregará en todas as súas accións, actuacións administrativas, documentación, comunicacións etc.

    Fonte: CTNL

    16 de setembro de 2020

    A Coordinadora do Ensino do Portugués en Luxemburgo informou de que o novo ano académico arranca cun incremento da docencia de lingua portuguesa no país. Os cursos de lingua portuguesa abranguen desde a etapa preescolar ao ensino de portugués para persoas estranxeiras.

    Fonte: Wort

    16 de setembro de 2020

    As políticas comandadas polo goberno chinés para restrinxir a docencia en lingua mongol nas escolas de Mongolia Interior seguen a provocar mobilizacións en moitos lugares. A pesar das presións recibidas, moitas familias decidiron en sinal de protesta non levar as súas crianzas á escola.

    Fonte: NPR

    16 de setembro de 2020

    O Núcleo de Estudos Galegos da Universidade Federal Fluminense (UFF) organizou a mesa redonda en liña "Galego-Portugês-Brasileiro. Relações históricas" na que participaron tres lingüistas, entre eles o galego Henrique Monteagudo da Universidade de Santiago de Compostela.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    16 de setembro de 2020

    Esta iniciativa pretende romper tópicos que asocian a música en valenciano unicamente co folk ou cancións con instrumentos tradicionais. Así, prestarase especial atención a xéneros urbanos como o hip hop, o reggaeton ou o trap, populares entre a mocidade, para achegarlle a música nesta lingua.

    16 de setembro de 2020

    O xurado da cuarta edición do Premio de Teatro Profesional Nel Amaro en lingua asturiana, que convoca o Goberno do Principado, xa seleccionou as catro obras finalistas, que se representarán en Oviedo no mes de outubro.

    Fonte: El Digital de Asturias

    16 de setembro de 2020

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Centro Social do Mar de Bueu na presentación do primeiro volume dos Cadernos FICBUEU: A Nouvelle Vague a través das súas curtametraxes (1956-1965), de Severiano Casalderrey. Trátase dun volume con edición bilingüe en galego e inglés que conta co apoio da Xunta de Galicia.

    15 de setembro de 2020

    O Partido Maorí de Nova Zelandia presentou unha proposta para rebautizar o país co nome indíxena Aotearoa co fin de visibilizar a lingua maorí na vida pública.

    Fonte: Notimérica

    15 de setembro de 2020

    O Centro do Libro de Lingua Portuguesa de Frankfurt, a libraría portuguesa máis antiga de Alemaña, fixo agora 40 anos.

    Fonte: Observador

    15 de setembro de 2020

    Case 2000 persoas asinaron esta petición que lles será entregada ao director xeral da Corporación de Radio Televisión de Galicia e ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidade. Un dos motivos para o lanzamento desta iniciativa é que a galega é a única lingua oficial no Estado que non conta cunha canle exclusiva de programación infantil e xuvenil.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder