Un total de 48 linguas indíxenas fálase actualmente no Perú. Co fin de conmemorar esta gran diversidade lingüística, o estado andino celebra o seu Día das Linguas Orixinarias.
Fonte: Inforegión
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un total de 48 linguas indíxenas fálase actualmente no Perú. Co fin de conmemorar esta gran diversidade lingüística, o estado andino celebra o seu Día das Linguas Orixinarias.
Fonte: Inforegión
O movemento voluntario Mudiad Meithrin que se encarga de ofrecer materiais e ferramentas de ensino en galés a escolas infantís do País de Gales organizará a primeira semana de xuño a Semana da Lingua Galesa na Casa co fin de paliar a falta de contacto co idioma por parte de escolares que non viven en familias de fala galesa.
Fonte: Cambrian News
Un consorcio de 12 universidades europeas e exipcias creou a aplicación gratuíta 7Ling para dar apoio na aprendizaxe de linguas estranxeiras a persoas migrantes ou refuxiadas.
Fonte: Público
O catálogo de 2019 da Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) inclúe un total de 21 obras seleccionadas en galego, ás que se suman outras nove que, aínda que seleccionadas noutros idiomas, están tamén dispoñibles nesta lingua.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Termcat publicou en liña un dicionario terminolóxico sobre o ioga, que recolle 110 palabras que fan referencia a conceptos relacionados con esta disciplina. A obra vai acompañada dun póster interactivo coas posturas e un documento cos criterios xerais para a adaptación a esta lingua dos termos procedentes do sánscrito.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Alumnas de marketing e publicidade crearon o xogo de mesa en éuscaro BerdinGO!, de carácter didáctico e inclusivo, centrado na igualdade de xénero.
Fonte: Deia
O Consello do Audiovisual de Cataluña publicou un informe no que constata a escasa presenza do catalán en Netflix, posto que esta lingua só se inclúe nun 0,5 % do catálogo da plataforma.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Instituto Cervantes, o Institut Ramón Llull, o Etxepare Euskal Institutua e o Consello da Cultura Galega asinaron un convenio de colaboración para promover a nivel internacional as diferentes culturas e linguas propias do Estado español (galego, castelán, catalán e éuscaro).
Fonte: Consello da Cultura Galega
As probas de acreditación do Celga retoman o seu prazo de inscrición interrompido por mor do coronavirus e retrasa as datas de exame ata setembro e outubro, sempre que a evolución da crise sanitaria permita desenvolvelas en condicións de seguridade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O certame Youtubeir@s, organizado polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, abren o prazo de inscrición para a súa cuarta edición, unha edición que inclúe cambios significativos nas súas bases e un incremento da dotación económica dos premios.
Fonte: Galicia Confidencial
Subscríbase ao boletín