O Instituto de Estudos Araneses, autoridade lingüística sobre a variante aranesa da lingua occitana do Arán, publicou unha nova gramática froito de máis de catro anos de traballo.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Instituto de Estudos Araneses, autoridade lingüística sobre a variante aranesa da lingua occitana do Arán, publicou unha nova gramática froito de máis de catro anos de traballo.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Museo Virtual da Lusofonía, creado polo Centro de Estudos de Comunicación e Sociedade da Universidade do Miño, pasará a estar integrado na plataforma Google Arts & Culture. Este salto garantirá unha maior difusión da lusofonía en todo o mundo.
Fonte: Correio do Minho
A campaña "Territorios Unidos" da Organización das Nacións Unidas (ONU) permite traducir ás linguas nativas de Costa Rica mensaxes e advertencias sanitarias sobre a covid-19 co obxectivo de evitar o contaxio nas comunidades indíxenas.
Fonte: Noticias ONU
O Goberno da India arrebatou ao urdú a condición de única lingua oficial do estado de Jammu e Caxemira. Catro linguas máis serán agora oficiais: o caxemirés, o dogri e o hindi, ademais do inglés.
Fonte: La Vanguardia
Entre 2016 e a actualidade, a demanda por aprender a lingua de signos na Arxentina medrou un 236 %. Os docentes e o persoal da saúde son os máis interesados en aprendela.
Fonte: Clarín
Con motivo do inicio do curso, PuntoGal ofrece unha rebaixa no prezo dos novos dominios, pola que as persoas interesadas poderán obter o seu .gal ata o 30 de setembro por un prezo máximo de 10 euros máis IVE.
Fonte: Código Cero
O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, visitou a 17ª edición do Festival de Cine de Cans para participar na homenaxe ao cineasta galego Luciano Manuel Piñeiro Martínez, Chano Piñeiro, con motivo do 25º aniversario do seu pasamento.
O Goberno de Aragón convoca tres galardóns: o Arnal Cavero, que premia unha obra de creación literaria en aragonés ou unha tradución a esta lingua; o Guillem Nicolau, que recoñece unha obra de creación literaria en catalán; e o Antonio Artero, que premia unha obra de creación de vídeo en aragonés.
Fonte: AraInfo
Co obxectivo de incrementar a presenza do éuscaro nos establecementos comerciais e na hostalería, o Concello de Etxebarri lanza unha convocatoria de axudas coa que subvencionará con ata o 50 % os rótulos en éuscaro nos seus locais.
Fonte: El Correo
A Comisión Europea anunciou o lanzamento do seu concurso anual de tradución para estudantes de ensino secundario de toda Europa, Juvenes Translatores. Todas as escolas dos países da UE poderán inscribirse para participar.
Fonte: European Commission
Subscríbase ao boletín