O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación de “Edición Limitada. Pazo do Faramello”, un ciclo de cociña acompañado de concertos organizado por Inés Portela de Piombino State integrado no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Ministro de Inmigración de Australia, Alan Tudge, anunciou que o programa de formación lingüística en inglés para persoas inmigrantes e refuxiadas deberá revisarse xa que non está tendo os resultados esperados.
Fonte: The Guardian
Os Institutos Culturais Romaneses de todo o mundo ofrecerán eventos en liña para celebrar o Día Internacional da Lingua Romanesa.
Fonte: Romania Insider
Máis de 300 xornalistas asinaron un manifesto para esixir que todos os membros do novo Goberno vasco, así como os altos cargos, falen éuscaro. Con esta iniciativa, pretenden denunciar as desigualdades que sofren os profesionais que exercen o seu labor nesta lingua, fronte aos que informan en castelán.
A Xunta de Galicia, en colaboración coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (AECT) continúan co desenvolvemento da sexta edición do premio literario Nortear.
O Correo da Unesco é unha revista trimestral que se publica nas seis linguas oficiais da organización (castelán, inglés, francés, ruso, chinés e árabe), ademais de portugués, coreano e esperanto, e agora tamén en catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Fundación Tecnolóxica para o Desenvolvemento de Guatemala (FUNTEDEGU) desenvolveu unha aplicación que permite traducir dos idiomas kaqchikel e k’iché’ ao español. A ferramenta irá incorporando sucesivamente máis linguas das comunidades indíxenas guatemaltecas.
Fonte: Huawebtenango
Co fin de evitar a expansión da covid-19 e ofrecer información a toda a cidadanía xaponesa, as entidades rexionais e locais do Xapón (prefecturas e cidades, entre outras) deberán empregar intérpretes de lingua de signos nas sesións informativas sobre a pandemia.
Fonte: The Mainichi
En total destinará 292 176,29 euros á convocatoria de axudas á produción editorial e fonográfica catalán, dos que 240 102,03 euros corresponden a libros e 52 074,26 corresponden obras fonográficas.
Fonte: Diario de Mallorca
Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, rexistrou unha iniciativa parlamentaria para demandar que a aplicación Radar COVID incorpore o idioma galego, xa que, polo momento, só está dispoñible en castelán, inglés e catalán, pero non no resto de linguas oficiais do Estado.
Fonte: El Correo Gallego
Boletín
Subscríbase ao boletín


