Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de agosto de 2020

    O III Premio CGAC para investigación e ensaio sobre arte contemporánea para o ano 2020 está dotado con 3000 euros e a el poderán optar persoas maiores de idade que presenten un texto inédito en galego relacionado coa temática do certame.

    Fonte: InfoenPunto

    21 de agosto de 2020

    A convocatoria de axudas en materia de política lingüística, que conta cun orzamento de 60 000 euros, está destinada a entidades locais e organizacións sen ánimo de lucro. Trátase de subvencións dirixidas á realización de actividades de fomento das linguas e modalidades lingüísticas de Aragón.

    Fonte: Diario del Alto Aragón

    20 de agosto de 2020

    En total, a Deputación de Pontevedra recibiu sete solicitudes de subvención para o mantemento e a creación de servizos de normalización lingüística municipais. Así, Moaña, Redondela, Valga, Ponteareas e O Grove pediron unha axuda para continuar con este servizo, e O Porriño e Nigrán, para crealo.

    Fonte: Deputación de Pontevedra

    20 de agosto de 2020

    Esta axudas están destinadas á tradución a outras linguas de obras publicadas orixinalmente en galego e á tradución ao galego de obras publicadas orixinalmente noutras linguas, así como para a súa edición. Na convocatoria deste ano resultaron beneficiarias un total de 94 obras.

    Fonte: Culturagalega.org

    20 de agosto de 2020

    Trátase dun total de 20 láminas da flora aromática que se difundirán a través das redes sociais e, a partir de setembro, tamén en papel. As devanditas láminas conteñen, ademais dunha ilustración, a denominación científica, o nome en latín, a denominación estándar e unha segunda denominación, entre outra información.

    20 de agosto de 2020

    O colectivo Fala Ceibe do Bierzo propúxolle ao Consello Comarcal darlle un status de cooficialidade á lingua galega, aproveitando que ten aberto o período de alegacións do seu Regulamento, o que supón unha oportunidade para que se recolla un recoñecemento expreso do bilingüismo berciano.

    Fonte: Lugo Xornal

    19 de agosto de 2020

    A última edición do dicionario DUDEN da lingua alemá, que contén unhas 3000 palabras, levantou as críticas dos máis puristas e de políticos que se senten ameazados polos cambios introducidos.

    Fonte: Die Deutsche Welle

    19 de agosto de 2020

    Un estudo elaborado pola Universidade Carnegie Mellon revelou unha lista onde se mostran as 25 linguas do planeta máis estereotipadas por cuestións de xénero. Algunhas linguas xermánicas ocupan os primeiros postos.

    Fonte: Forbes 

    19 de agosto de 2020

    O Concello de Bueu organizou o acto de entrega dos Premios Johán Carballeira no que estiveron presentes os galardoados e no que se reivindicou a lingua galega, así como a memoria das persoas represaliadas no Día da Galiza Mártir.

    Fonte: Concello de Bueu

    19 de agosto de 2020

    O grupo de ERC no Congreso rexistrou unha proposición non de lei na que solicita que un dos requisitos para obter unha praza en Correos sexa o coñecemento de linguas cooficiais, de maneira que as persoas aspirantes conten coa capacitación lingüística suficiente para comunicarse nelas nos territorios correspondentes.

    Fonte: La  Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder