Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de agosto de 2020

    O Concello de Eibar abriu o prazo para solicitar, ata o 13 de novembro, subvencións destinadas poñer en éuscaro rótulos ou calquera outro elemento da imaxe corporativa en locais comerciais, industriais e sedes de asociacións. O obxectivo destas axudas é incrementar a presenza desta lingua na paisaxe lingüística do municipio.

    Fonte: Diario Vasco

    18 de agosto de 2020

    A ministra escocesa de Finanzas, Kate Forbes, e outros políticos reclamaron que o gaélico escocés debe recibir un apoio público prioritario para salvalo da extinción.

    Fonte: The Guardian

    18 de agosto de 2020

    A escola de música Royal Birmingham Conservatoire e o compositor Edmund Hunt embarcáronse nun proxecto para descifrar o son das linguas que falaban os antigos pobos viquingos e celtas. O grupo de investigación botará man da música e da lingüística histórica para dar cos sons de linguas como o nórdico e o irlandés antigos.

    Fonte: The Guardian

    18 de agosto de 2020

    Os paneis das salinas do Seixal, situadas na Guarda, foron vítimas dun acto vandálico. Apareceron con pintadas negras riscando os textos, pero só os escritos en galego, no que semella un ataque específico contra esta lingua.

    Fonte: Historia de Galicia

    18 de agosto de 2020

    A Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana critica os obstáculos para unha presenza normal do asturiano no ente público. Dende esta organización sinalan que nos últimos tres anos non se investiu en producir contidos nesta lingua, malia os 23 millóns de euros de orzamento da RTPA.  

    Fonte: AsturNews

    18 de agosto de 2020

    O Aeroporto de Son Sant Joan foi acusado de falta de sensibilidade coas persoas que teñen o catalán como lingua inicial, xa que non dispón de copias neste idioma dos formularios que os pasaxeiros deben cubrir.

    Fonte: Última Hora

    18 de agosto de 2020

    A partida de máis de medio millón de euros destinarase a catro tipos de subvencións coas que se pretende promover o uso do éuscaro: unha dirixida a concellos e cuadrillas; outra, a entidades deportivas e asociacións de nais e pais; a terceira, a medios de comunicación; e a última, á euscaldunización de persoas.

    Fonte: El Correo

    17 de agosto de 2020

    Como todos os anos, a SD Eibar sumouse a Euskaraldia, a campaña de fomento do uso do éuscaro. O club está a facer esforzos para empregar esta lingua e apoiar iniciativas que axuden na súa expansión.   

    Fonte: Diario Vasco

    17 de agosto de 2020

    O Alto Gállego subscribiu a renovación do convenio anual de colaboración coa Asociación Calibo de Sabiñánigo por un valor de 1500 euros. Este acordo ten como obxectivo impulsar actividades a prol da lingua aragonesa.

    Fonte: Radio Huesca

    17 de agosto de 2020

    A Deputación da Coruña asinou un convenio coa Real Academia Galega polo que a institución provincial achega 60 000 euros para financiar a programación cultural da RAG, que inclúe actividades relacionadas coa toponimia, a atención ás consultas dos concellos ou un estudo sociolingüístico sobre o uso do galego na infancia, entre outras.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder