Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de agosto de 2020

    Lucía Varela, unha rapaza de Pantón, está traballando nun proxecto de recuperación de léxico. Recolle palabras que lles escoita cada vez menos ás persoas maiores e que considera en perigo de extinción. Para isto, creou un formulario en Google co obxectivo de que a xente lle envíe palabras co seu respectivo significado.

    Fonte: Xornal de Lemos

    17 de agosto de 2020

    O Mercado Artesán e Ecolóxico de Xixón, que se celebrou os días 15 e 16 de agosto na Praza Maior, acolleu unha nova edición de «A mercar cola Llingua», un xogo participativo a través de códigos QR que ten como obxectivo promover o asturiano e as tradicións do Principado.

    Fonte: La Voz de Asturias

    17 de agosto de 2020

    O museo do italiano, que terá a súa sede en Florencia, estará aberto posiblemente o vindeiro marzo, xa que o día 25 dese mes se celebra a Dante Alighieri. Este novo equipamento aproveitará as novas tecnoloxías para darlle un carácter interactivo, así como as contribucións da Academia da Crusca.

    Fonte: Ahora Roma

    17 de agosto de 2020

    Este proxecto, impulsado pola deputada provincial Natalia Rodríguez, ten como obxectivo impulsar o coidado e a promoción da lingua mbya guaraní, así como a creación dun mapa misioneiro deste idioma e un rexistro de intérpretes e tradutores.

    Fonte: Misiones Online

    14 de agosto de 2020

    O Concello de Ponteareas convoca a segunda edición do Premio Ponteareas, Lingua e Empresa, co obxectivo de recoñecer as empresas que utilizan o galego na súa actividade económica e fomentar o seu emprego no tecido económico ponteareán, así como estender o seu uso nas relacións laborais, comerciais e empresariais.

    Fonte: Comarcas na Rede

    14 de agosto de 2020

    Societat Civil Catalana presentou un informe sobre a convivencia lingüística en Cataluña, que conclúe que existe por parte da Generalitat unha desigualdade de trato cos castelanfalantes e que a cultura en español está marxinada, mentres que consideran que a Administración é practicamente bilingüe.  

    Fonte: El Punt Avui

    14 de agosto de 2020

    Os indios cree, que habitan en Canadá e os Estados Unidos, teñen unha lingua que rolda os 96 000 falantes. Agora contan cunha aplicación creada para impulsar este idioma, servir de apoio aos estudantes e dalo a coñecer ao mundo.

    Fonte: Nós Diario

    14 de agosto de 2020

    O xefe da delegación ucraína no Grupo de Contacto Trilateral para a solución da situación no Dombás, Leonid Kravchuk, admite un uso máis amplo do ruso neste territorio, aínda que non o considera como segunda lingua oficial.

    Fonte: Ukrinform

    13 de agosto de 2020

    Seat, Toyota e Lexus aceptaron traducir ao catalán os manuais de 18 modelos de vehículos diferentes, o que significa que arredor de 10 000 páxinas están a disposición da clientela nesta lingua nas webs das compañías.

    Fonte: El Confidencial Digital

    13 de agosto de 2020

    A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder