A Xunta de Galicia fixo entrega dos premios aos gañadores do certame Lingua de Namorar. Os seis autores das mellores mensaxes de declaracións de amor en galego na rede recibiron o seu premio logo de que o pasado maio o xurado ditaminara os gañadores. Con este certame o Goberno galego procura dinamizar o uso do galego entre a mocidade nas súas relacións persoais e en internet.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un rapaz portugués de 15 anos, António Coito, decidiu lanzar o proxecto "Língua Gestual Portuguesa para todos" co que pretende que a lingua de signos sexa máis accesible para todas as persoas.
Fonte: Correio do Ribatejo
Un total de 18 solicitudes de subvención recibiu a Deputación de Pontevedra para editar publicacións, audiovisuais e edicións especiais en galego que teñan como finalidade divulgar elementos da provincia. Destas, doce correspóndense á modalidade en papel, dúas para audiovisuais, dúas para formatos mixtos e dúas para edicións especiais en formato braille.
A recentemente creada Asociación da Dobraxe de Asturias (ADOAS), que agrupa profesionais tanto da rama artística como da rama técnica, porá unha atención especial á normalización e difusión da lingua asturiana.
Fonte: InfoAsturies
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución das axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios e da que se beneficiarán un total de oito editoriais. Este ano estas axudas están dotadas con 200 000 euros, o que supón un incremento do 18 % con respecto aos anos anteriores.
A Secretaría de Políticas Lingüísticas (SPL) do Goberno de Paraguai organiza entre o 24 e o 28 de agosto a sétima edición da Semana da Lingua Guaraní “Rohayhu che ñe’ẽ” coa que se pretende que toda a cidadanía paraguaia valore e promova o idioma vernáculo.
O comisario da Lingua Galesa, Aled Roberts, defende que debe producirse un incremento radical no número de docentes de galés para poder cumprir o obxectivo marcado polo Goberno de Gales de chegar ao millón de falantes en 2050.
Fonte: Nation Cymru
Un acordo audiovisual permitirá que a RTP e a Televisión de Galicia produzan o programa Sem Fronteiras que divulgará as semellanzas e diferenzas culturais entre aldeas galegas e portuguesas que comparten toponimias afíns.
Fonte: El Trapezio
Segundo a app para a aprendizaxe de linguas Babbel, os seus usuarios en España investiron un 67 % máis de tempo en estudar idiomas durante o Estado de Alarma que no mesmo período do ano anterior.
Fonte: El Economista
Boletín
Subscríbase ao boletín




