Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de agosto de 2020

    Quince escritores portugueses están entre os 54 semifinalistas seleccionados para o Premio Océanos de Literatura, que distingue as mellores obras publicadas en lingua portuguesa.

    Fonte: Público

    26 de agosto de 2020

    O colectivo Administrazioan Euskaraz Taldea denunciou a redución de prazas levada a cabo polo Concello de Pamplona nas escolas infantís municipais, xa que condiciona as opcións das familias, que, á hora de escoller o modelo lingüístico, adoitan adaptarse á oferta.

    Fonte: Noticias de Navarra

    26 de agosto de 2020

    A Secretaría de Cultura de México, en colaboración coa Coordinación Nacional de Bolsas, lanzou o proxecto de relatos "DíaNoche, relatos que se muerden la cola" co obxectivo de promover a escrita nas linguas indíxenas do país americano.

    Fonte: Estación Pacífico

    25 de agosto de 2020

    O proxecto audiovisual dos Dicionarios Audiovisuais Comunitarios (DAC) busca dar a coñecer palabras e expresións en linguas indíxenas do Perú para fomentar e promover o seu uso.

    Fonte: TeleSURHD

    25 de agosto de 2020

    O Consello de Ministros de Italia e a RAI (Radio Televisión Italiana) aprobaron un proxecto que permitirá que a canle pública emita programación en lingua sarda.

    Fonte: ANSA

    25 de agosto de 2020

    O Goberno do Salvador está estudando incluír na Constitución da República a lingua de signos como idioma oficial das persoas xordas.

    Fonte: Asamblea Legislativa

    25 de agosto de 2020

    O Goberno da cidade taiwanesa de Taipei está implementando un programa de ensino bilingüe nas escolas públicas. A idea é que o inglés poida converterse nun idioma de uso diario na cidade para o ano 2030.

    Fonte: Taipei Times

    25 de agosto de 2020

    'Lorca te cuida' é o slogan desta campaña impulsada dende o Concello para intentar reducir os contaxios da COVID-19. Entre as accións previstas está a repartición de folletos informativos en catro linguas (inglés, francés, árabe e español) para chegar ao maior número de persoas posible.

    Fonte: La Verdad

    25 de agosto de 2020

    A organización Iniciativa pol Asturianu demanda que o asturiano teña peso na puntuación e na baremación das convocatorias e os concursos do Goberno de Asturias.  Esixen que nas bases das subvencións se valore o uso bilingüe nos rótulos e a obriga de empregar a toponimia tradicional.

    Fonte: La Voz de Asturias

    25 de agosto de 2020

    CeibaRimas é unha iniciativa que fomenta o uso do galego na arte da improvisación a través de obradoiros e competicións. Nas vindeiras semanas organizarán actividades formativas por toda Galicia co obxectivo de dotar de recursos as persoas participantes para que sexan quen de improvisar nesta lingua.

    Fonte: Galicia Confidencial

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder