Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de setembro de 2020

    Con motivo da sentenza que obriga a familia Franco a devolver o Pazo de Meirás ao pobo galego, a Real Academia Galega solicitou que a biblioteca de Emilia Pardo Bazán, albergada no seu interior, sexa declarada Ben de Interese Cultural.

    Fonte: Nós Diario

    07 de setembro de 2020

    A obra El sol na escombrera gaña a XII edición do premio Alfonso Iglesias de Banda Deseñada en lingua asturiana, dotado con 5000 euros. É a segunda vez que Alberto Vázquez recibe este premio.

    Fonte: ORT

    07 de setembro de 2020

    O 31 de agosto de 1920 Ramón Cabanillas convertíase en membro da Real Academia Galega. Cen anos despois, Cambados, vila natal do poeta, lembrou aquela xornada cun acto.

    Fonte: RAG

    07 de setembro de 2020

    O presidente de Asturias, o socialista Adrián Barón, reivindicou o patrimonio inmaterial da comunidade autónoma e cualificou a lingua asturiana como "herdanza dunha historia milenaria".

    Fonte: La Voz de Asturias

    07 de setembro de 2020

    A Xunta de Galicia vén de fixar as datas de realización das probas de acreditación do Celga da convocatoria 2020 para os días 26 e 27 de setembro (Celga 4), 3 de outubro (Celga 2), 4 de outubro (Celga 3) e 10 de outubro (Celga 1), nas localidades de Santiago de Compostela e de Ponferrada, como vén sendo habitual.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    07 de setembro de 2020

    A Universidade Católica Portuguesa oferta o Mestrado en Lingua de Signos Portuguesa e Educación para Xordos. Trátase dunha formación especializada única en Portugal.

    Fonte: Renascença

    07 de setembro de 2020

    A Gramática do Português – Volume III da Fundación Calouste Gulbenkian está xa dispoñible para a venda. O novo volume, xunto aos outros dous publicados en 2013, analiza de xeito exhaustivo a lingua portuguesa na súa variedade europea.

    Fonte: Plataforma 9

    04 de setembro de 2020

    A campaña "Lecturas Xerais para aprender e divertirse" ten como obxectivo animar á lectura dando a coñecer novos libros dirixidos ao público infantil e xuvenil a través de vídeos breves para publicar nas redes sociais ou enviar por WhatsApp.

    Fonte: Galicia Confidencial

    04 de setembro de 2020

    Sete centros educativos do modelo D de Navarra impartirán este curso, como optativa ou como proxecto interdisciplinar, a materia 'Sormen digitala’ (Creatividade dixital), que ten como obxectivo traballar a imaxinación e a creatividade do alumnado e facilitar o coñecemento e a transmisión da cultura vasca.

    04 de setembro de 2020

    A Escola de Letras retoma tras o verán os seus obradoiros de escrita que se desenvolverán en Vigo (na sede viguesa da Deputación) e en Pontevedra (no Pazo Provincial) entre os meses de setembro e decembro.

    Fonte: Deputación de Pontevedra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder