Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de setembro de 2020

    O fornecedor de servizos de telecomunicacións Altice Portugal aproveitou o Día Internacional da Alfabetización para presentar, co apoio da Fundación Altice, o Novo Atlas da Lingua Portuguesa, unha ferramenta de difusión da notoria influencia da lingua portuguesa no mundo.

    Fonte: Bairrada Informaçāo

    09 de setembro de 2020

    En resposta a unha queixa presentada pola Mesa pola Normalización Lingüística, o Ministerio de Igualdade equipara as linguas oficiais diferentes do español con calquera lingua estranxeira nas bases dun premio convocado por ese departamento. Con esta resposta, a institución estatal segue a excluír o galego deses premios.

    Fonte: Nós Diario

    09 de setembro de 2020

    O profesorado denunciou en medios como A Liña do Galego da Mesa pola Normalización Lingüística que o Sergas está a empregar só o castelán para as comunicacións sobre as probas da covid-19.

    Fonte: A Mesa pola Normalización Lingüística

    09 de setembro de 2020

    O Instituto de Estudos Baleáricos (IEB, polas súas siglas en catalán) abriu o prazo de matrícula dos seus cursos de lingua catalá. A oferta será completamente en liña a causa da situación xerada pola covid-19.

    Fonte: dBalears

    09 de setembro de 2020

    El combate de los xefes é o título escollido do novo álbum da serie de Astérix e Obélix que se publica en lingua asturiana.

    Fonte: Cope

    09 de setembro de 2020

    A curtametraxe sobre moda galega Escarnio e Maldicir, dirixida polo valdeorrés Aitor Ramos Soto, foi seleccionada para participar na sección oficial do London Fashion Film Festival, un dos certames de curtas de moda máis importantes do mundo. A obra baséase nos deseños de Olaya de los Palos e inclúe tamén un poema dela en voz de Mela Casal.

    Fonte: O Sil

    09 de setembro de 2020

    A estadía lingüística de verán do Instituto Ramon Llull terá lugar este ano nas Illas Baleares. A novidade é que o evento se desenvolverá de xeito virtual.

    Fonte: 20minutos

    09 de setembro de 2020

    Unha nova plataforma virtual permitirá que os tradicionais Cursos de Primavera da Facultade de Linguas da Universidade de Córdoba (Arxentina) se ofrezan completamente en liña.

    Fonte: La Voz

    09 de setembro de 2020

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación do II festival feminista de arte urbana Delas Fest, no que se enmarca "Mulleres e cultura urbana", unha iniciativa que forma parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 e que se celebra en diferentes espazos do Gaiás.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    08 de setembro de 2020

    Hai agora 178 anos publicouse en Uruguai, na primeira páxina do diario Le Messager Français, unha nota que pasaría á historia por ser a primeira noticia en éuscaro editada no continente americano.

    Fonte: Noticias de Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder