Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de xullo de 2020

    "Camins del català" é un conxunto de roteiros para coñecer e amar a lingua catalá en diferentes puntos do seu amplo territorio lingüístico. Trátase dunha iniciativa da Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña.

    Fonte: VilaWeb

    07 de xullo de 2020

    Un informe elaborado polo Consello de Europa advirte que Irlanda debería incrementar o ensino de inmersión en gaélico irlandés e a contratación e formación de máis profesorado capaz de impartir materias nesta lingua.

    Fonte: BBC

    07 de xullo de 2020

    A Delegación da Comunidade de Madrid da Federación Española de Intérpretes de Lingua de Signos e Guías Intérpretes (FILSE) alertou da precarización da súa profesión e de futuro incerto para o novo curso académico.

    Fonte: El Boletín

    07 de xullo de 2020

    A Deputación de Pontevedra presentou Re-Acción Cultural, un plan dotado con 2,5 millóns de euros para reactivar o sector cultural tras a pandemia da covid-19 e que se desenvolverá nos eixes da música, o patrimonio e as rutas xacobeas, as artes escénicas, o audiovisual, o cinema e as letras.

    Fonte: Cultura Galega

    07 de xullo de 2020

    Un total de 40 alumnos e alumnas de diferentes continentes comezaron o curso en liña de mirandés impartido pola Asociación de Lingua e Cultura Mirandesas (ALCM).

    Fonte: RTP Notícias

    07 de xullo de 2020

    O Consello da Cultura Galega (CCG) pon a disposición da cidadanía o libro Calen barbas, falen cartas que bota máis luz sobre o galego durante os Séculos Escuros.

    Fonte: CCG

    06 de xullo de 2020

    Un informe revela que o portugués é a terceira lingua máis falada no cantón suízo de Valais, despois do francés e o alemán e por diante do italiano e o inglés.

    Fonte: Le Nouvelliste

    06 de xullo de 2020

    Nós Televisión e o Club de Debate, representado pola Asociación e Entidades Locais pola Lingua Galega, recibiron o XI Premio Rosalía de Castro de lingua galega da Deputación da Coruña.

    Fonte: Deputación da Coruña

    06 de xullo de 2020

    A Academia de Letras e Artes de Guinea-Bissau (ALAB, polas súas siglas en portugués) foi fundada recentemente na cidade de Bissau co obxectivo de incentivar o uso da literatura e a arte e promover a lingua portuguesa.

    Fonte: Mundo Lusíada

     

     

    06 de xullo de 2020

    O programa de TVG Galicia por diante incorpora esta verán un novo espazo que ten por obxectivo gañar novos e novas falantes para a lingua galega.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder