A Radiotelevisión do Principado de Asturias, en colaboración coa Consellería de Cultura, Política Lingüística e Turismo, lanzan unha convocatoria, á que se destinarán 133 800 euros, de proxectos de produción cultural en lingua asturiana.
Fonte: RTPA
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Radiotelevisión do Principado de Asturias, en colaboración coa Consellería de Cultura, Política Lingüística e Turismo, lanzan unha convocatoria, á que se destinarán 133 800 euros, de proxectos de produción cultural en lingua asturiana.
Fonte: RTPA
O Cabido da Gomera aprobou unha moción para instar o Goberno canario a que inicie o expediente de declaración do asubío desta illa como Ben de Interese Cultural na categoría de tradicións e expresións orais, xa que constitúe unha forma de comunicación única.
Fonte: El Día
A Plataforma per la Llengua analizou a realidade lingüística de 16 cadeas de supermercados dos territorios de fala catalá a partir de máis de 2300 valoracións globais realizadas no mes de xuño polas persoas usuarias da CatalApp sobre atención oral, escrita e virtual dos establecementos.
Fonte: Plataforma per la Llengua
O Goberno peruano, en colaboración co Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, elaborou unha serie de materiais en nove linguas amazónicas, cuxos falantes representan o 70 % da poboación indíxena na Amazonia, sobre medidas de prevención e coidado fronte á COVID-19: achuar, kichwa pastaza, awajún, ashaninka, kakataibo, yanesha, kichwa lamas, shawi e shipibo-konibo.
A Consellería de Cultura e Turismo publica no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de dez bolsas de formación en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH). A convocatoria ten como obxectivo reforzar a investigación lingüística, literaria, histórica e antropolóxica sobre a lingua propia de Galicia, co fin de avanzar na súa normalización e promover o seu uso en todos os eidos profesionais e sociais.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou o mural ilustrado por María Herreros sobre as famosas Marías compostelás, no marco do programa de verán Compostela Ilustrada, nos soportais do Museo das Peregrinacións de Santiago.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Ante a elevada taxa de abandono dos cursos de portugués para estranxeiros, o Goberno organizará novos cursos de Portugués Lingua de Acollemento (PLA), para o cal vai reforzar o financiamento deste tipo de formación que ten como obxectivo promover unha maior integración social e laboral das persoas migrantes.
Fonte: Notícias ao Minuto
Co gallo do Día Internacional dos Pobos Indíxenas, Twitter vai difundir o valor cultural e a riqueza destas comunidades a través de diferentes iniciativas. Unha delas será unha clase en liña de idioma maia.
Fonte: El Imparcial
Ferrol acolle a celebración de dous cursos de lingua de signos para adultos organizados pola Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra e impartidos pola profesora Teresa Gallo.
Fonte: La Voz de Galicia
A Plataforma per la Llengua e o Tirant acaban de organizar a campaña #NormalitzaLaPlatja coa que pretenden normalizar o emprego do valenciano en calquera lugar, principalmente, nos carteis das praias, posto que moitos dos que se atopan ao longo da costa valenciana están só en castelán.
Fonte: València Extra
Subscríbase ao boletín