Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de setembro de 2020

    O Goberno da India arrebatou ao urdú a condición de única lingua oficial do estado de Jammu e Caxemira. Catro linguas máis serán agora oficiais: o caxemirés, o dogri e o hindi, ademais do inglés.

    Fonte: La Vanguardia

    04 de setembro de 2020

    Entre 2016 e a actualidade, a demanda por aprender a lingua de signos na Arxentina medrou un 236 %. Os docentes e o persoal da saúde son os máis interesados en aprendela. 

    Fonte: Clarín

    03 de setembro de 2020

    Con motivo do inicio do curso, PuntoGal ofrece unha rebaixa no prezo dos novos dominios, pola que as persoas interesadas poderán obter o seu .gal ata o 30 de setembro por un prezo máximo de 10 euros máis IVE.

    Fonte: Código Cero

    03 de setembro de 2020

    O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, visitou a 17ª edición do Festival de Cine de Cans para participar na homenaxe ao cineasta galego Luciano Manuel Piñeiro Martínez, Chano Piñeiro, con motivo do 25º aniversario do seu pasamento.

    02 de setembro de 2020

    O Goberno de Aragón convoca tres galardóns: o Arnal Cavero, que premia unha obra de creación literaria en aragonés ou unha tradución a esta lingua; o Guillem Nicolau, que recoñece unha obra de creación literaria en catalán; e o Antonio Artero, que premia unha obra de creación de vídeo en aragonés.

    Fonte: AraInfo

    02 de setembro de 2020

    Co obxectivo de incrementar a presenza do éuscaro nos establecementos comerciais e na hostalería, o Concello de Etxebarri lanza unha convocatoria de axudas coa que subvencionará con ata o 50 % os rótulos en éuscaro nos seus locais.

    Fonte: El Correo

    02 de setembro de 2020

    A Comisión Europea anunciou o lanzamento do seu concurso anual de tradución para estudantes de ensino secundario de toda Europa, Juvenes Translatores. Todas as escolas dos países da UE poderán inscribirse para participar.

    Fonte: European Commission

    02 de setembro de 2020

    O dicionario de inglés en liña Dictionary.com actualizará máis de 15000 entradas para eliminar a lingua de contido racista ou discriminatorio. O obxectivo é concienciar as persoas sobre a necesidade de usar unha linguaxe máis libre de prexuízos.

    Fonte: The Guardian

    01 de setembro de 2020

    Un grupo de farmacéuticos e farmacéuticas solicitou á Unión Europea que non sexa necesario publicar a información sobre a vacina da covid-19 en 24 linguas co fin de garantir a súa rápida distribución.

    Fonte: Livemint

    01 de setembro de 2020

    As escolas de lingua francesa do Quebec reabren aplicando as medidas de seguridade para lidar coa expansión do virus da covid-19. O presidente quebequés apoia a medida por ser positiva para o benestar emocional do alumnado.

    Fonte: CHCH

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder