O presidente de Asturias, o socialista Adrián Barón, reivindicou o patrimonio inmaterial da comunidade autónoma e cualificou a lingua asturiana como "herdanza dunha historia milenaria".
Fonte: La Voz de Asturias
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O presidente de Asturias, o socialista Adrián Barón, reivindicou o patrimonio inmaterial da comunidade autónoma e cualificou a lingua asturiana como "herdanza dunha historia milenaria".
Fonte: La Voz de Asturias
A Xunta de Galicia vén de fixar as datas de realización das probas de acreditación do Celga da convocatoria 2020 para os días 26 e 27 de setembro (Celga 4), 3 de outubro (Celga 2), 4 de outubro (Celga 3) e 10 de outubro (Celga 1), nas localidades de Santiago de Compostela e de Ponferrada, como vén sendo habitual.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade Católica Portuguesa oferta o Mestrado en Lingua de Signos Portuguesa e Educación para Xordos. Trátase dunha formación especializada única en Portugal.
Fonte: Renascença
A Gramática do Português – Volume III da Fundación Calouste Gulbenkian está xa dispoñible para a venda. O novo volume, xunto aos outros dous publicados en 2013, analiza de xeito exhaustivo a lingua portuguesa na súa variedade europea.
Fonte: Plataforma 9
A campaña "Lecturas Xerais para aprender e divertirse" ten como obxectivo animar á lectura dando a coñecer novos libros dirixidos ao público infantil e xuvenil a través de vídeos breves para publicar nas redes sociais ou enviar por WhatsApp.
Fonte: Galicia Confidencial
Sete centros educativos do modelo D de Navarra impartirán este curso, como optativa ou como proxecto interdisciplinar, a materia 'Sormen digitala’ (Creatividade dixital), que ten como obxectivo traballar a imaxinación e a creatividade do alumnado e facilitar o coñecemento e a transmisión da cultura vasca.
A Escola de Letras retoma tras o verán os seus obradoiros de escrita que se desenvolverán en Vigo (na sede viguesa da Deputación) e en Pontevedra (no Pazo Provincial) entre os meses de setembro e decembro.
Fonte: Deputación de Pontevedra
O Instituto de Estudos Araneses, autoridade lingüística sobre a variante aranesa da lingua occitana do Arán, publicou unha nova gramática froito de máis de catro anos de traballo.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Museo Virtual da Lusofonía, creado polo Centro de Estudos de Comunicación e Sociedade da Universidade do Miño, pasará a estar integrado na plataforma Google Arts & Culture. Este salto garantirá unha maior difusión da lusofonía en todo o mundo.
Fonte: Correio do Minho
A campaña "Territorios Unidos" da Organización das Nacións Unidas (ONU) permite traducir ás linguas nativas de Costa Rica mensaxes e advertencias sanitarias sobre a covid-19 co obxectivo de evitar o contaxio nas comunidades indíxenas.
Fonte: Noticias ONU
Subscríbase ao boletín