O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada no acto de entrega do XXV Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela a Pedro Rielo Lamela.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada no acto de entrega do XXV Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela a Pedro Rielo Lamela.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, participou na inauguración da exposición "Airiños d’a miña terra. O gravado V33", coa que o Museo do Gravado de Artes, en Ribeira, lle rende homenaxe a Manuel Curros Enríquez con motivo do 140 aniversario da edición do seu poemario do mesmo nome.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade Nacional de Asunción (UNA) e a Academia da Lingua Guaraní (ALG) asinaron un acordo para potenciar e fortalecer o idioma guaraní e a cultura nacional no ensino universitario.
Fonte: UNA
O Ministerio de Educación do Perú presentou oficialmente o Manual de Escritura e Vocabulario Pedagóxico do quechua central co obxectivo de difundir unha escritura unificada para o ensino desta lingua vernácula.
Fonte: Andina
O Instituto Americano de Taiwán e a Oficina de Representación Económica e Cultural de Taipei nos EUA asinaron un acordo de colaboración para potenciar o ensino do inglés e chinés mandarín nos seus respectivos territorios.
Fonte: The Pie News
Portugal será o país convidado na Feira do Libro de Leipzig de 2021. O obxectivo da participación destacada de Portugal neste evento ten como obxectivo facer chegar, por medio da tradución, máis títulos de autoras e autores de lingua portuguesa en Alemaña.
Fonte: Público
Grazas á campaña “Cos meus mellores desexos”, impulsada polo Concello de Narón en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística, os establecementos comerciais da vila recibirán, de balde, etiquetas adhesivas para colocar nos agasallos con mensaxes en galego. O obxectivo da iniciativa é impulsar o uso desta lingua no comercio local, como un valor engadido vinculado á proximidade, calidade e autenticidade.
O Goberno de Aragón busca facilitar o acceso a recursos dispoñibles na rede que contribúan á difusión do aragonés e a fomentar o seu uso, así como a dar a coñecer a súa riqueza. Por este motivo, puxo en marcha unha aplicación móbil, coa colaboración de asociacións, empresas, institucións e particulares, coa que poder acceder a todas as ferramentas tecnolóxicas relacionadas con esta lingua.
O Goberno de Cataluña acaba de poñer en marcha o proxecto Aina para crear un corpus lingüístico e modelos informáticos que permitan que o catalán se converta nunha lingua competitiva no mundo dixital. Búscase así que as empresas que desenvolven aplicacións baseadas na intelixencia artificial poidan empregalo ao mesmo nivel que outros idiomas como o inglés ou o castelán.
A convocatoria dos Premios á calidade lingüística en galego ten como obxectivo fomentar o uso da lingua galega ligada á calidade formal na elaboración e defensa dos traballos académicos do alumnado.
Subscríbase ao boletín