O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou o catedrático de Pediatría e profesor ad honorem da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Manuel Pombo Arias, na presentación da obra Desvendado.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Co lema ‘Català i empresa’ o Departamento de Cultura iniciou unha campaña de sensibilización dirixida a grandes marcas, emprendedores e establecementos comerciais que se difundirá a través das redes sociais co cancelo #CatalàiEmpresa.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Plataforma per la Llengua considera que o catalán está nunha situación de emerxencia lingüística. Segundo esta entidade, nos últimos quince anos, esta lingua perdeu medio millón de falantes habituais e apenas o usan o 32 % das persoas que o saben falar.
Fonte: e-Notícies
No pleno extraordinario de homenaxe a Ricardo Carvalho Calero con motivo do Día das Letras Galegas, o presidente da RAG reivindicou na súa intervención a presenza do galego en todos os ámbitos e en todas as materias do sistema educativo, sen excepcións.
A Universidade de Santiago de Compostela recompilou os 200 termos esenciais da covid-19 en galego, co obxectivo de contribuír á mellora da calidade lingüística da documentación técnica relacionada con esta pandemia. Nesta listaxe, ademais da definición do termo, aparecen as equivalencias en inglés e español, así como a área temática á que pertence.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A profesora de orixe moldova, Nadejda Kozlenko, promociona, co apoio das embaixadas de Portugal e o Brasil, a aprendizaxe da lingua portuguesa en Ucraína.
Fonte: Notícias ao Minuto
O presidente Mnangagwa de Cimbabue fixo un chamamento á súa cidadanía para solicitar, a través da súa conta de Twitter, que se acepte e promocione a diversidade lingüística e cultural do país.
Fonte: Chronicle
Apenas a metade dos videoxogos creados por estudios de Cataluña están dispoñibles en catalán e do total de videoxogos existentes, só un 5,5 % está nesta lingua. Isto a pesar de que a Generalitat impulsa o seu uso, con subvencións e outras iniciativas, e das accións do activismo lingüístico.
O Consello do Audiovisual de Cataluña (CAC) aprobou un acordo con alegacións ao proxecto de lei xeral de comunicación audiovisual e que supón a transposición da Directiva 2010/13 / UE. Nestas alegacións sinálase a necesidade dun novo enfoque que reflicta a diversidade cultural e lingüística do Estado español.
O portal Agasallo.eu, creado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua en 2013, ten como obxectivo compilar e difundir regalos en galego nesta época de Nadal e concienciar así sobre a compra de agasallos no comercio de proximidade e nesta lingua.
Boletín
Subscríbase ao boletín


