Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de decembro de 2020

    O Goberno de Aragón e a comarca do Matarraña, en colaboración co Concello de Cretas, editan un folleto con  máis de 200 topónimos da localidade, nomes autóctonos en catalán de Aragón, co obxectivo de conservar e protexer un patrimonio lingüístico e cultural en risco de desaparecer.

    Fonte: La Comarca

    29 de decembro de 2020

    Itzuli + é unha extensión para asociar ao tradutor automático Itzuli, co que amplían as ferramentas para conseguir unha tradución mellor e máis accesible. O dispositivo traduce ao instante, desde calquera web, textos en éuscaro e castelán.

    Fonte: Deia

    29 de decembro de 2020

    O Concello de Novelda presenta as actividades de fomento do valenciano coas que se pecha o ano: cinemateca para os centros de ensino, carta aos Reis Magos, calendarios de mesa con vocabulario de diferentes temas ou contacontos.

    29 de decembro de 2020

    Persoas usuarias de Renfe critican nas redes sociais os anuncios que os trens da compañía fan nas localidades galegas polas que pasa, xa que moitos dos topónimos que se empregan están castelanizados. 

    Fonte: Galicia Confidencial

    29 de decembro de 2020

    O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Editorial Galaxia, Antón Vidal, presentaron en Ourense a Biblioteca Nós, unha colección de dez libros dos autores máis representativos da Xeración Nós que veñen de ser reeditados con motivo do centenario da revista Nós.

    29 de decembro de 2020

    Co apoio da Xunta de Galicia, a Fundación Antonio Fraguas e o Museo do Pobo Galego dan ao prelo a obra Os animais de Fraguas, que recolle un texto do polígrafo cotobadés, ata o de agora inédito, sobre crenzas populares arredor dos animais.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    28 de decembro de 2020

    A Oficina Pública da Lingua Occitana (ÒPLO, polas súas siglas en occitano) puxo a disposición de comerciantes e empresas material informativo en diferentes variedades do occitano sobre as medidas preventivas da covid-19. 

    Fonte: Jornalet

    28 de decembro de 2020

    A días de que a saída do Reino Unido da Unión Europea sexa efectiva, parece que a sociedade británica decidiu mostrar máis interese por achegarse lingüisticamente a outras culturas. De acordo con estudos realizados por empresas que ofrecen servizos lingüísticos como Duolingo, a aprendizaxe de linguas estranxeiras no Reino Unido medrou dúas veces máis rápido que no resto do mundo.

    Fonte: The Guardian

    28 de decembro de 2020

    Desde o 25 de decembro, coincidindo coa estrea do filme Soul, o catalán está dispoñible nas opcións de idioma de Disney+, no marco da colaboración entre esta plataforma e a Generalitat de Cataluña para impulsar a oferta e o consumo de contidos audiovisuais nesta lingua.

    Fonte: Vertele!

    28 de decembro de 2020

    O catálogo Filmazpit, que ten como obxectivo impulsar o cine con subtítulos en éuscaro, acaba de incluír cinco novas longametraxes, un documental, dous filmes de animación, dous dramas sociais e unha antoloxía de curtas.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder