Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de xaneiro de 2021

    O pasado 31 de decembro, Australia modificou unha estrofa do himno nacional para honrar e recoñecer a poboación aborixe como habitantes orixinarios do país austral.

    Fonte: Nós Diario

    05 de xaneiro de 2021

    Manuel Piñeiro recibiu pola súa obra Trávelin o XXVII Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta que organiza o Concello do Grove.

    Fonte: Cultura Galega

    05 de xaneiro de 2021

    A Fundación do Español Urxente (FundéuRAE), promovida pola Real Academia Española (RAE), escolleu “confinamiento” como palabra do ano 2020 en español. A RAE xa actualizou o significado desta palabra no seu dicionario.

    Fonte: FundéuRAE

    05 de xaneiro de 2021

    A Asociación Cultural Catalonia de São Paulo, que traballa pola difusión da cultura e lingua catalás no Brasil, ofrece de xeito telemático o minicurso de revisión de lingua catalá.

    Fonte: Aqui Catalunha

    04 de xaneiro de 2021

    O colectivo Defende a Galega denunciou que a Radio Televisión de Galicia (CRTVG) realizou unha entrevista ao exalcalde da Coruña, Francisco Vázquez, integramente en castelán.

    Fonte: NH Diario

    04 de xaneiro de 2021

    O diario anglófono finlandés Helsinki Times será publicado a partir de agora en chinés ademais de en inglés.

    Fonte: ScandAsia

    04 de xaneiro de 2021

    Baleiro, de Gabriel Gómez, faise co premio SELIC de Creación Literaria. Ademais, xunto a el, as obras de Óscar Senra, O novelo, e de Fernando Epelde, Partida salvada conseguen cadanseu accésit.

    Fonte: Cultura Galega

    04 de xaneiro de 2021

    O tenente de alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o goberno municipal da cidade decorará unha rúa coas distintas palabras do ano escollidas desde 2014.

    Fonte: Nós Diario

    04 de xaneiro de 2021

    A asociación Iniciativa pol Asturianu criticou que a lingua asturiana non estivese presente no discurso que o rei Felipe VI pronunciou este Nadal.

    Fonte: La Voz de Asturias

    04 de xaneiro de 2021

    O Observatorio de Neoloxía da Universidade Pompeu Fabra e o Instituto de Estudos Cataláns escolleron "coronavirus" como neoloxismo do ano 2020 en catalán.

    Fonte: Catalunya Ràdio

     

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder