Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de xaneiro de 2021

    Segundo un estudo da asociación Galtzaundi, a utilización do éuscaro nos escaparates de Tolosa durante as rebaixas incrementouse case dez puntos en cinco anos, ata alcanzar unha presenza do 90 %.  

    Fonte: El Diario Vasco

    13 de xaneiro de 2021

    O Concello de Pontevedra presenta Léxico de costureiras, unha publicación que recolle termos e expresións profesionais transmitidas por costureiras de Mourente, Lérez e Santa María de Xeve.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    12 de xaneiro de 2021

    A Sociedade Nacional de Críticos de Cinema dos Estados Unidos valorou o filme Vitalina Varela, do director portugués Pedro Costa, como o cuarto mellor do ano en lingua estranxeira.

    Fonte: Público

    12 de xaneiro de 2021

    O Goberno de Bolivia anunciou que vai retomar o proxecto de creación do Instituto Iberoamericano de Linguas Indíxenas que forma parte do plan de acción da Década Internacional das Linguas Indíxenas promovido pola UNESCO.

    Fonte: Brasil de Fato

    12 de xaneiro de 2021

    O Instituto da Lingua Galega (ILG) puxo en marcha DOA, un programa de participación cidadá para a achega de datos léxicos que forma parte do proxecto Patrimonio léxico da Gallaecia, que ten como obxectivo documentar e mostrar a variación no léxico patrimonial actual dentro dos concellos que forman parte da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

    12 de xaneiro de 2021

    Ao abeiro do programa 'Euskeraz Primeran', a asociación Eta Kitto Euskara Elkartea pon en marcha unha iniciativa para fomentar o uso do éuscaro no comercio e tamén na hostalería, para o cal se colocarán uns carteis nos establecementos cos nomes dos alimentos nesta lingua e a súa equivalencia en castelán.

    Fonte: El Diario Vasco

    12 de xaneiro de 2021

    O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou no acto de conmemoración do 60º aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego, obra mestra de Xosé Neira Vilas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de xaneiro de 2021

    O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou que as obras do Hospital de San Roque estarán rematadas en verán. Fíxoo nunha visita na que estivo acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

    12 de xaneiro de 2021

    O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta de Galicia, estrea o xoves 14 de xaneiro a súa primeira produción propia da actual temporada, O charco de Ulises.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    11 de xaneiro de 2021

    A Asociación Promotora das Linguas e Culturas Chinesas e Lusófonas naceu na cidade de Macau para favorecer o intercambio cultural e lingüístico con individuos da China e os países de lingua oficial portuguesa. A asociación tamén ten como obxectivo apoiar e defender o papel de Macau como ponte entre a China e os países da lusofonía. 

    Fonte: Observador

     

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder