Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de xaneiro de 2021

    Por primeira vez, a Liga de Scrabble Escolar en catalán terá un formato virtual. Trátase dun campionato destinado ao alumnado de 5º de primaria ata 4º de secundaria de todos os territorios onde se fala esta lingua.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    21 de xaneiro de 2021

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso, dirixido aos centros de ensino público non universitario, para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Xela Arias, a autora homenaxeada en 2021 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística no momento en que esta viviu.

    20 de xaneiro de 2021

    O Centro Internacional de Cultura Contemporánea Tabakalera pon en marcha trinta programas para impulsar o talento vasco aos que dedicará máis de tres millóns de euros. Unha das novidades deste ano é a convocatoria destinada á creación de series en éuscaro dirixida a guionistas e produtores executivos.

    20 de xaneiro de 2021

    Os promotores da iniciativa cidadá europea Minority Safepack denunciaron que a Comisión Europea descartou impulsar novas medidas legais para protexer as linguas e culturas minorizadas de Europa.

    Fonte: Nationalia

    20 de xaneiro de 2021

    O Consorcio para a Normalización Lingüística (CPNL) e a Fundación puntCAT colaborarán para poñer en marcha elteunegoci.cat, unha iniciativa coa que buscan impulsar a presenza do catalán e o seu uso no mundo dixital no ámbito socioeconómico.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    20 de xaneiro de 2021

    A iniciativa transfronteiriza El Trapézio vai lanzar un novo curso destinado a aqueles falantes da península Ibérica que queiran reforzar a comunicación mutua entre o portugués e o español. O curso terá 12 sesións virtuais de entre 30 e 40 minutos.

    Fonte: elTrapezio

    20 de xaneiro de 2021

    A Concellaría de Cultura puxo en marcha o pasado mes de novembro unha iniciativa para dar a coñecer o refraneiro galego a través das redes sociais. A partir de entón o éxito desta actividade non parou de aumentar, de maneira que o último dos vídeos alcanzou xa 11 000 persoas e leva case 5000 reproducións.

    20 de xaneiro de 2021

    A CIG-Xustiza solicitoulle á Dirección Xeral de Xustiza que realice os trámites necesarios para implementar a aplicación Minerva en galego. O persoal desta Administración non ten a posibilidade de tramitar os expedientes nesta lingua, xa que a devandita aplicación carece desta opción.

    Fonte: Nós Diario

    19 de xaneiro de 2021

    O Goberno de Dinamarca está a punto de aprobar unha lei que obrigará os grupos relixiosos do país a traduciren os seus sermóns ao dinamarqués.

    Fonte: CHVN Radio

    19 de xaneiro de 2021

    Alemaña e o Reino Unido ampliaron a protección para as súas linguas minoritarias baixo os auspicios da Carta Europea das Linguas  Rexionais ou Minoritarias.

    Fonte: Council of Europe

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder